Estas son as fotos e vidos da última cea que fixemos o pasado venres 6 de Maio, na cal cociñaron Berto, Humber, Manolo e Jose.
O menú estivo centrado nun producto que non pode faltar na casa dun bó comedor; O PORCO.
E non estamos a falar dun porco calquera, desta volta tivemos a sorte de degustar as exquisiteces do PORCO CELTA. Os entrantes estiveron compostos de chourizo e salchichón Celta e brochetas de rape negro con langostinos.
O primeiro prato foi un exquisito Santiaguiño ou bruños acompañados dun excelente albariño.
O prato principal foi Celta ó forno acompañado de patacas panadera e cebola caramelizada, nesta ocasión o caldo elexido foi un ribeira sacra con corpo e forte textura.
O postre, receta Francesa ó estila Berto de Alicia, foron unhas galletas con pedras de chocolate, a primeira impresión eran as de unhas galletas secas, nada máis lonxe da realidade pois non quedou ninguha nos pratos da mesa.
Ponlle nota ós cociñeiros e deixa o teu comentario.
3 comentarios:
Nota media alta para os cociñeiros. Menú rico e distinto, algo en teoría tan sinxelo coma o xamón asaso resultou ser un magnífico prato, o porco Celta axudou moito iso si.
Un Dez en todo....servizo....cociña e animación en Portugal
Boa nota para o grupo, seguramente que as actividades no país veciño serviu moito a subir nota.
Publicar un comentario