miércoles, 27 de abril de 2011

SALCEDAFESTBIER

Festas da Concepción


A comisión de festas da Virxe da Concepción está cos preparativos do vindeiro evento, será a II edición da festa da cervexa, este ano con máis días e xuntándoa coa tradicional festa do polo a brasa.

Coma non podía ser doutro xeito, o lugar de peregrinación será ata o torreiro de festas de Sta. María de Salceda, durante 3 días estaremos inmersos nun mundo de comida e bebida típica de Alemania sen esquencer os productos da terra que tamén estarán representadas.

Iremos actualizando a información cos grupos e as actividades que se van a desenrolar.