lunes, 28 de junio de 2010

XX Festa da Langosta e da cociña mariñeira

Seguimos coas festas gastronómicas que nos deixa a nosa terra, chea de productos de primeira calidade que fan de cada festa un  pracer para os sentidos. Esta fin de semana no Concello de A Guarda vaise celebrar a XX Festa da Langos e a conciña mariñeira, coma non podía ser doutro xeito nunha terra mariñeira.



Actividades e programación





jueves, 24 de junio de 2010

As sardiñas e a noite de San Xoan

Sardiñada que  preparou a directiva da A.C. A Feira con motivo da noite de San Xoan.








A sardiña é un peixe azul ou graso -posúe case 10 gramos de graxa por cada 100 gramos de carne- e é una moi boa fonte de omega-3, que axuda a diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos, ademais de aumentar a fluidez do sangue, o que diminúe o risco de aterosclerosis e trombosis. Por este motivo, é recomendable o consumo de sardiñas e outros peixes azuis en enfermidades cardiovasculares. O seu contido proteico tamén é elevado.


Entre as vitaminas atópanse algunhas do grupo B como a B12, B1 ou Niacina, que permiten o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos (hidratos de carbono, graxas e proteínas). Interveñen en numerosos procesos de gran importancia como a formación de glóbulos vermellos, a síntese de material xenético, a produción de hormonas sexuais, etc.


A sardiña contén tamén cantidades significativas de vitaminas liposolubles como A, D e E. A primeira contribúe ao mantemento, crecemento e reparación das mucosas, pel e outros tecidos do corpo. Favorece a resistencia fronte ás infeccións e é necesaria para o desenvolvemento do sistema nervioso e para a visión nocturna. Tamén intervén no crecemento óseo, na produción de encimas no fígado e de hormonas sexuais e suprarrenais. Pola súa banda, a vitamina D favorece a absorción de calcio e a súa fixación ao óso, e regula o nivel de calcio no sangue.


En canto aos minerais, a sardiña contén fósforo, magnesio, potasio, ferro, zinc e yodo. O fósforo está presente en ósos e dentes, intervén no sistema nervioso e na actividade muscular, e participa en procesos de obtención de enerxía. O magnesio relaciónase co funcionamento do intestino, os nervios e os músculos, e ademais forma parte de ósos e dentes, mellora a inmunidade e posúe un suave efecto laxante. O ferro é necesario para a formación de hemoglobina, proteína que transporta o osíxeno desde os pulmóns a todas as células, e o seu consumo adecuado prevén a anemia ferropénica. En canto ao contido en yodo da sardiña, este é significativo, aínda que abunda máis noutras especies de peixes. Este mineral é indispensable para o bo funcionamento da glándula tiroides que regula numerosas funcións metabólicas, así como o crecemento do feto e o desenvolvemento do seu cerebro.


As sardiñas de lata presentan un contido de calcio moi importante porque se consomen xunto coa espiña. En concreto, achegan uns 314 miligramos de calcio por 100 gramos.


O inconveniente que presenta a sardiña para a saúde limítase a quen padecen hiperuricemia ou pinga, dado o seu contido en purinas, que no organismo transfórmanse en ácido úrico.



A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.
Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume.
0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño , fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .
Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das
cales canta a mocidade, baila e brica por riba das chamas; pasan logo os gandos para que reciban o orballo de San Xoán, cando xa as fogueiras esmoreceron, facendo que as redes reciban o remol aínda fumegante; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga sandadora lávase á mañá seguinte toda a familia, na crenza de ver curadas as erupcións do cute que padecen; tómanse ás doce da noite as nove ondas do mar polos que viven preto; non poucas persoas acoden á praia máis cercana, malia teren que percorrer unha distancia de dúas a tres légoas para recibi-las salutíferas ondas; chimpándose nove veces ó río os ribeiráns do Miño ó dálas doce da noite, cren que esas ablucións lles serán beneficiosas.
As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo; hai quen cre que as meigas aproveitan a noite de San Xoán para dirixirse polos aires ós seus conciliábulos de Sevilla ou do noso areal de Coiro; e tales virtudes salutíferas e purificadoras teñen as augas nesta noite única, que tamén posúen facultades prolíficas para a moza que acade coller a chamada Flor da auga fría. En non poucas aldeas galegas moitas persoas adoitaban madrugar para ver por un cristal afumado como o sol nace bailando na madrugada dese día vizoso en prodixios. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá na eira dun veciño o que estaba recollido no alpendre doutro; e así trasladaban á Veiga vella os efectos dun veciño da Veiga nova; e aínda atrancan as portas de moitas casas para que os moradores non poidan saír doadamente delas. Nas poesías dos trobadores medievais fanse referencias adoito a estes costumes que xa entón eran propios de noite e de día tan sinalados".


• Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.


• Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.


• No San Xoán as bruxas fuxirán.


• Polo San Xoán, as nove co día darán.


• O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.


• Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.


• Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.


• Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.


• Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.


• Polo San Xoán a sardiña pinga o pan.


Son moitas as referencias ós labores agrícolas:


• No San Xoán, peras na man.


• A auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.


• No San Xoán, fouciña na man.


• En San Xoán, cardos dan.


• Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.


"Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cobra nin can".


"Dios te dou, Dios te criou, Dios che saque esta ollada se alguén cha botou. Antes que o mal sea visto, naceu Cristo. Morra este mal e viva Cristo"


"Demo maldito vaite de ahí. Ahí vai a borralla de San Xoán atrás de ti. Dios te leve ó mar onde non cantou galiña nin galo. E a que cantou, levouna o diaño".





martes, 15 de junio de 2010

QUE ASCO...., pa reflexionar

Todos estos artículos están sacados de revistas y son ciertos, por muy extraño que nos parezca. Ya sabéis, antes de comer, mirad lo que llevan a dentro vuestras comidas y bebidas.

El primer articulo.

Un joven estadounidense de 24 años ha denunciado a la empresa de comida rápida Burger King -que este año celebra su 50 aniversario- después de que se encontrara en una hamburguesa un condón.

Van Miguel Hartlss señaló que encontró el anticonceptivo empaquetado encima de una pieza de lechuga. “Mi tercer mordisco a la hamburguesa tenía un extraño sabor”

“Estaba muy amargo”, matizó, pero cuando quiso pegarle un mordisco en otra parte de la hamburguesa “sentí un extraño caucho. Y lo vi colgando en medio de mi boca”. Inmediatamente, notó un dolor en su estómago.

La víctima ha asegurado que emprenderá acciones legales contra el restaurante, ubicado en Rutland (Vermont), por daños y perjuicios. En la demanda se recogió que aquella experiencia le había causado “dolor, sufrimiento, pesadillas, angustia y gastos sanitarios”.

Nota de Bender: un poco exagerada sí me parece la chica, con eso de dolor, sufrimiento y pesadillas… ¿pesadillas? Tampoco se explica si el preservativo estaba usado o sin usar; a mi parecer, todo se simplificaría a que los chavales en la cocina del burger, no pudiendo gastar los preservativos con mujeres, y los utilizaron para jugar, hacer el gilipollas o tirárselos como si fueran gomas.







El segundo articulo.


Mari Carmen Muñoz, una vecina de Madrid, se llevó un susto tremendo el pasado 1 de noviembre, Día de Difuntos, al volcar el contenido de un bote de tomate frito en los macarrones que preparaba para su familia.

Al abrir el brick me pareció que el líquido tenía un aspecto raro, como de haberse agriado”, recuerda Mari Carmen. Pero el susto y el asco fueron mayúsculos cuando del bote se precipitó hacia la cazuela una masa informe de color blanquecino.

Lo pinché con el tenedor y creía que era carne, luego lo lavé y parecía oreja, pero está claro que no”. Lo que esta madrileña tenía en el fregadero era una masa irreconocible de restos de animal, algo más parecido a unas vísceras que a una oreja.

Mari carmen intenta ahora ponerse en contacto con el fabricante de tomate y los responsables de Consumo de la Comunidad de Madrid para denunciar el incidente, aunque aún no lo ha conseguido.






El tercer articulo.


Un vecino del municipio pontevedrés de Meaño denunció hoy el hallazgo de un ratón en el interior de una lata de un refresco de naranja que estaba bebiendo en ese momento.

Según relató el afectado, Sindo Abal, de 30 años, el pasado miércoles por la mañana abrió una lata de refresco que había comprado en un supermercado de la localidad y que guardaba en la nevera para beberla y notó algo extraño.

Explicó que ingirió parte del líquido sin apreciar nada raro en su sabor hasta que notó “algo” en el interior del envase.

No me supo a nada extraño, hasta que empecé a notar una cosa pesada dentro de la lata que se movía al agitar el líquido”, apuntó.

Fue entonces, prosiguió, cuando, tras vaciar la lata en el fregadero de la cocina, comenzó a revolver el envase hasta que la cola del animal asomó por el orificio.

La sensación de asco al ver que era una rata no se puede describir con palabras. Ese día, en casa, nadie fue capaz de comer”, comentó el afectado que inmediatamente telefoneó al número de atención al cliente que aparece impreso en el envase.

La empresa nos dijo que era imposible que un ratón pudiera estar en el interior de la lata por lo que decidimos presentar una demanda ante la Oficina de Consumo”, donde abrieron un expediente para estudiar su caso, dijo.

Abal reclamó que se realicen controles más exhaustivos en el envasado para evitar que igual que le sucedió a él, le pueda pasar a cualquiera. “Incluso a un niño”, observó.

De momento, reconoció que en su casa “no volverán a entrar” latas de ningún tipo de refresco. “A partir de ahora lo beberemos todo en botella y con un vaso, para que se pueda ver lo que hay dentro”, recalcó.

La versión de la empresa

PepsiCo-España confirmó en un comunicado que hasta el momento no ha recibido ningún contacto por parte de las autoridades competentes en relación con el asunto. La intervención de las autoridades es imprescindible para garantizar el proceso y proteger tanto los intereses de los consumidores como el prestigio de la marca.

En todo momento, la empresa estará a disposición de las autoridades competentes para colaborar en este asunto y descubrir la verdad de los hechos. Añade que ha iniciado una investigación interna para detectar cualquier incidencia y que los resultados obtenidos hasta el momento no muestran anomalía alguna en el proceso ni variables que validen lo supuestamente acontecido.



P.D.: Si os fijáis en la foto, se puede ver como sale la cola de el animal por el orificio donde se bebe.

miércoles, 9 de junio de 2010

I Festa da CERVEXA e X festa do POLO A BRASA



E aquí seguimos coas festas gastronómicas, temos en Salceda a I edición da festa da CERVEXA que organizan os membros da comisión de festas da Virxe da Concepción, será este Venres día 11 no torreiro de festas de Sta. María.




De novo no torreiro de festas de Sta. María, o Domingo día 13, teremos a X feta do POLO A BRASA, organizada de novo polos membros da comisión de festas da Virxe da Concepción.