Mostrando entradas con la etiqueta Fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotos. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de marzo de 2009

CEA DO VENRES 6 DE MARZO

O pasado Venres tivemos a puntual cea do Choco, nesta ocasión Toñi, Paco e Jose foron os encargados de facer que os paladares do resto de socios tiveran o privilexio de degustar a súa excelente elección.

Comezaron cuns entrantes de corazón de leituga con tomate e atún regado con vinagre de módena, montaditos de xamón e salmón afumado en pan tostado. O primeiro prato foi exquisito, tanto na súa presentación como no resultado final, onde o sabor estivo mou armonioso co resto do prato, pois o rape negro acompañado de colas de langostino, ovo cocio e herbillas foron un deleite para os nosos estómagos. No segundo prato non se arrisgaron e apostaron por algo seguro, solomillo de tenrreira acompañado de patacas ó forno (parecidas as panadeiras pero enteiras), cebola pochada ou caramelizada e uns champiñóns en salsa de nata con queixo. O postre ( que algún confundiu con crema pasteleira) foi unha crema de mango con uvas pasas e xirope de chocolate, todo elo regado con dous fantásticos caldos, un Rías Baixas (LIÑAR DE VIDES) e un Rioxa ( MURÚA).

Cando os compeñentes deste grupo nos envíen a súa receita, colgarémola para que vós tamén poidades disfrutar destes excelentes pratos.













viernes, 6 de marzo de 2009

Fotos con historia



Recoñecedes as persoas desta foto, si,si, o de barbas e con grandes gafas e Mariano Rajoy no Centro Cultural da Feira. Estivo alí coma Presidente da Deputación na inauguración da placa que se acababa de votar no Centro.

A foto está posta pola relación co Choco "estaban celebrando a tradicional cuchipanda" ó remata da inauguración.



Estes dous parécense a Humber e a Toñi (con cariño) nos seus tempos mozos na Festa do Viño na Guarda, pero non esta e da romería de San cibrán fai moitos anos.



Esta e a típica foto ó remate da festa, nótase que o viño xa está na testa.

Pouco a pouco iremos subindo fotos entrañables, os que teñades algunha foto relaciona con estes temas envialas para publicalas.

miércoles, 4 de marzo de 2009

MÁIS FOTOS

Foto de familia no pazo da bodega Pontellón. (invitados, Juli e Benito)

Presentación da mesa, tamén houbo agasallos con motivo do entroido.



Última cea grupo Martín, Juan e Wences (Berto foi o primerio en chegar)

viernes, 16 de enero de 2009

EXCURSIÓN A RIOJA E RIBERA DEL DUERO

Salón noble da bodega Maqués del Puerto.
Raúl de Comeral, vas coller un bo resfriado.

Noite nevada na Rioxa


Degustación na bodega Lealtanza



Chegando a Ribera del Duero, Lolo xa tiña cara de fame.




Aquí temos, a que foi posiblemente ata o de agora a mellor saída que realizou o choco. Foi en Marzo do ano 2007, fixemos unha visita a varias bodegas situadas na zona da Ribera del Duero, a Rioja rematando a visita na viaxe de volta en Zamora (denominación de orixe TORO).


A viaxe foi grazas a colaboración de Juan Auña (Restaurante a Regueira) e Raúl comercial da distribuidora (COMERAL).


Día 1: Saímos da Devesa as 07:30 h. "despois de esperar por un dos organizadores" nun autobús de 55 prazas con 11 pasaxeiros a bordo e un sinfín de productos delicatesen que aportou a distribuidora Comeral, as cales fixeron as delicias dos asisntentes, con destino as maravillosas terras da Ribera del Duero para visitar as bodegas LEGARIS , donde comemos nun muiño un espectacular cordero lechal o forno. Proseguimos a nosa viaxe ata a Rioxa donde nos hospedamos nun céntrico hotel da cidade, pola noite ceamos nun restaurante moi preto do hotel, probamos por primeira vez os espárragos frescos cocidos (unha delicia para o paladar) e tomamos a copa de rigor, facendo unha panorámica nevada da cidade como se aprecia nas imaxes.


Día 2: Neste día visitamos a bodega MARQUÉS DEL PUERTO, viños recoñecimos mundialmente que tivemos a sorte de degustar nas intimidades máis escondidas dos seus pasillos subterráneos, neste lugar podias gañar ou perder moitas "PLAQUETAS", e non me refiro as sanguíneas. A comida foi servida no salón noble da bodega, apreciase na fotografía a confortabilidade do lugar. A tarde foi libre, uns aproveitaron para visitar a cidade, outros para dormir e os máis atrevidos para seguir coa festa. Chegou a noite e xa nos esperaba outra visita neste caso as bodegas LEALTANZA, donde a amabilidade e respeto dos seus responsables nos fixeron sentir como na casa, a cea tamén foi servida por cortesía da propia bodega.

Despois da visita tomamos a nosa copa habitual e acudimos a uns recitais nun local fantástico, primeiro foi JUAN DE JUANES quen nos fixo chorar coa súa interpretación acompañado polo inseparable guitarrista JOSE. A última actuación foi a cargo de farruquito, donde o seu tema estrela "MUEVE LA CADERA, MUEVE EL HÍGADO, MUEVE EL CORAZÓN" fixo as delicias do público alí presente.


DÍA 3: Partimos da Rioxa con moita nostálxia, pero aínda quedaban moitas sorpresas, a primeira foi a visita a fábrica de PERÓN, donde se cosechan posiblemente os mellores pementos de piquillo e espárragos de toda España. O almorzo foi a base de productos típicos da súa colleita, chourizos e embutidos regados cun rosado de cosecha propia, que gran tío o Sr. PERÓN.

A última parada foi en Zamora para visitar as bodegas TORO, donde degustamos "uns máis que outros" un exquisito guiso de carne. Rematamos a vixaxe no autobús tomando unhas copas antes de chegar con moita nostalxia a Salceda.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Algunhas fotos para comezar

Cantando o himno despois da cea.
Entrega do testigo, agora vai directamente a lavandería.
Ferrán, Berasategui e Carlos Arguiñano.
Momento clave, a baixar a cruz.
Tabo e Martín nun recital de música galega.
O fogueteiro no medio das faíscas.
Exterior das bodegas fillaboa.

Aquí temos algunhas fotos das primeiras ceas, unha da visita as bodegas Fillaboa, como observaredes algún de nós xa cambiou bastante e iso que aínda cumprimos o terceiro aniversario o pasado Mércores.