viernes, 9 de julio de 2010

CEA 9 DE XULLO DE 2010

O Choco Gastronómico “Tangolio España Moderada”, volve a súa actividade unha semana máis tarde do habitual por compromisos persoais dos seus asociados.



Na cociña estarán Humber, Juan e Manolo os cales terán a difícil tarefa de agradar os esixentes padais do resto de compañeiros, iso si coma a cea ben da mar, pois os principias ingredientes foron sacados das nosas rías e adquiridos nunha poxa aberta no porto de A Guarda, teñen garantido alo menos a calidade dos productos que imos a degustar.



Segundo contan as malas linguas, “que sempre están esconcidas donde un menos as espera”, a primeira adquisición foi moi productiva para a lonxa, pois a penas comezou a poxa polas CARACOLAS e o noso grupo de cociñeiros xa fixo soar a campá para deter o prezo, houbo algunhas risas entre o público máis veterán o contemplar que a inexperiencia destes ávidos copradores lles poido xogar unha mala pasada “o producto poidéstelo coller máis barato” comentaba entre sanas risas un vello lobo de mar alí presente.



Por sorte para o noso grupo a festa aínda estaba comenzando, quedando por adquirir os principias productos daquela inesqucible poxa para eles, e tamén para nós pois serán os que hoxe pola noite paparemos con bo viño e mellor compañía.



Andiveron finos na compra da MERLUZA DE PINCHO, comprando uns grans exemplares a penas a 4 € o quilo, demostrando que nos productos máis coñecidos so hai que esperar o momento máis oportuno para recoller o botín ante a atónita ollada dos alí presentes. Na última compra, e unha das estrelas das nosas augas a CENTOLA DA RÍA, tamén foi ben para os intereses xerais do grupo, pois o prezo final que desembolsaron dista moito do que se paga a postre nos postos dos mercados de abastos ou nas grandes superficies comerciais, demostrando en xeral un gran coñecemento do mercado e quedando para si unha fermosa experiencia a título persoal.



Pois ben o menú de hoxe ben do mar, das nosas Rías en particular quedando según fontes informativas na seguinte presentación.



ENTRANTE
Salpicón de mar con CARACOLAS e langostinos.



1º PRATO
Centola da Ría.



2º PRATO
Merluza a Vasca.



POSTRE
Brocheta de froitas de temporada caramelizada.



Nada máis, aquí vos quedan unhas fotos da poxa, a vindeira semana publicaremos as receitas e unhas fotos desta nova velada.







jueves, 8 de julio de 2010

V FESTA VIÑO TINTO RÍAS BAIXAS


PROGRAMA

Sábado, 3 de Xullo

10:30 h. Pasarrúas a cargo da charanda Apeles.
11:00 h. Cata de viños dirixida polo enólogo Jorge Hervella.
13:00 h. Pregón a cargo de Nacho Costoya, campión nacional de maitres.
16:00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Os Trouserghas.
18:00 h. Festa da bicicleta.
20:30 h. Concerto
Banda de música de Monçao.
22:30 h. Verbena a cargo do grupo Los tres latinos.
23:50 h. Concerto "Miguel Torres".

Domingo, 4 de Xullo

10:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga Air Jalisia.
19:30 h. Festa infantil co Rey Midas.
20:30 h. Concerto
Banda de música de Belinho-Esposende 
Banda de múscica Popular de Rubiós. 






jueves, 1 de julio de 2010

CUBALITRO 2010

Xa está a volta da esquina unha nova edición da festa do Cubalitro, unha das festas con máis solera de Salceda e os seus contornos. Será coma non no torreiro de Sta. María de Salceda o vindeiro Venres 16 de Xullo. 


máis info