jueves, 17 de noviembre de 2011

Grazas aos cociñeiros de Parderrubias































Como se dicía antigamente na Esfarrapada cando un prato chegaba uns minutos tarde a mesa: "¡a ver cociñeiro de parderrubias!".....neste caso non é por iso senón por que a voz cantante levouna Carlos Pichelas.....perfectamente acompañado por Pablo o "Arzak" do Alto da Forca e Tabo o Adriá das Colinas de Tebra (Wences orientounos vía Internet). Fixeron uns deliciosos "Cantarellus" dos que escasean nestes lares ultimamente (non dixeron de onde os sacaron...!)....acompañados de patacas e cebola, continuaron cuns codillos ao forno deliciosos e nos postrearon cunha crema de castañas acompañadas de chulas de cabaza.........e.....bo proveito.