Esta IV edición da festa do "XABARÍN" ven cargada de novidades e novas iniciativas, coma a organización da I Kedada BTT que organizamos conxuntamente cos amigos do C.C. Aragonta de Salceda.
A publicidade da festa vai a ser todo un espectáculo, teremos unha "ROAD CARAVANING TOUR" polos Concellos limítrofes para promocionar este gran evento.
Cada pouco tempo iremos colgando máis información para que a xente non olvide de que o vindeiro Sábado 20 de Marzo, terá lugar no recinto de festas de Sta. María de Salceda a cuarta edición desta gran festa gastronómica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario