viernes, 8 de mayo de 2009

RODABALLOS DA RÍA NO RESTAURANTE "A REGUEIRA"

Juan Acuña (cociñeiro e xerente do restaurante A Regueira) cun Rodaballo duns 7 kg. aprox. e un lenguado.


Bonita peza a que nos presenta ( quen poidera incarlle o dente)


Hoxe acercámonos o Restaurante A Regueria, situado en Salceda de Caselas no barrio de Pomar de Suso en Castro Barreiro. Recibiunos o xerente do restaurante Juan Acuña (meiriño para algúns), coma case todos os da súa familia e supoño que a moita honra.
A visita da mesma foi para apreciar uns fantásticos RODABALLOS da Ría que acababa de mercar, (un deles aínda chegou vivo o restaurante) xunto tamén con uns bonitos LENGUADOS. O rodaballo en Galicia e un peixe moi apreciado, o cal se pode preparar de mil formas (cocido, guisado, a prancha, ó forno, etc...).

Pois grazas a Juan aquí quedan estas fotos con tan preciadas pezas, que de seguro farán as delicias de quen os vaian a degustar. Bo proveito.

Xentileza do RESTAURANTE A REGUERIA (Teléfono 986 34 79 88)

Aquí vos quedan uns enlaces con varias recetas e maneiras de preparar o rodaballo, espero que vos gusten.
Recetase de Rodaballo
Máis recetas de rodaballo
E unhas poucas máis

Como non, a gastronomía e a canción van moitas veces da mán, aquí vos queda unha das cancións máis famosas adicadas o rodaballo, "UNHA LANCHA DE MARÍN"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Menudo rodaballo, ese da para comer unha familia numerosa varios días. A verdade e que ten unha pinta fabulosa, non digo nada o poder degustalo; a ver di me paso pola Regueira estiven vendo a páxina e o sitio está verdadeiramente ben, a pena e que o sitio web está un pouco descoidado. Saúdos para a xente do choco, montades canda unha que da gusto.....

Anónimo dijo...

que puto rodaballo, ese non colle na lancha de Marín nin de lado. Manda carallo para as Rías Galegas son un puto espectáculo e perdón polo vocabulario pero vendo esas pezas un ponse un pouco....... loco por comelas. Cando pase polo restaurante A Regueira a ver si lle queda algo, se non que diga cando vai a ter semellante elemento, así poderei convidar aos meus amigos/as ou familiares.

Anónimo dijo...

Non me extraña que o cociñeiro quedara sen pelo (con perdón), pero esa peza ben estar a altura e non o digo polo xerente porque o rodaballo chegaba da cabeza o c......, con todo o cariño. Se a materia prima e a que sae nesta publicación noraboa porque é espectacular; un saúdo dende Lugo.

FONTE DO VIÑO dijo...

pedazo rodaballo, o lenguado tamén está que te mueres. Poder degustar unha peza desas e coma tocarche a lotería.