miércoles, 4 de marzo de 2009

NORMAS BÁSICAS

NORMAS BÁSICAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL, GASTRONÓMICA E CULINARIA “TANGOLIO ESPAÑA MODERADA”

1.-A mensualidade por cada comensal será dunha cota única de 30 € o mes que serán abonados o luns anterior por todos. Outra opción recomendada e a domiciliación bancaria na conta aberta en La Caixa, oficina de Salceda.

2.-Se algún membro non pode asistir a cena, a cota mensual terá que abonala igualmente xa que con ela tamén se está pagando o aluguer do local e o material.

3.-O prazo máximo para confirmar ou non a asistencia a cada cea será o luns anterior, aquel que non avise ademais de abonar a mensualidade será multado con 3 €, se reincide 6 €, 9 €, 12 € (subidas exponenciais).

4.-O grupo de garda do mes correspóndelle a elaboración do menú e cociñalo, as compras necesarias, a organización da cea.

5.-As xuntanzas serán todos os primeiros venres de cada mes, sempre que non coincida cun festivo, e neste caso pasará o seguinte venres correlativo.

6.-O gasto para a elaboración do menú de cada mes será a cantidade estipulada se pasarse, se sobrasen cartos quedarán nun fondo para a compra de materiais e outras actividades programadas.

7.-Nas ceas, salvo consentimento expreso dos comensais, non se admitirá ningún tipo de gravación vía móbil, cámara, vídeo etc.

8.-Se algún membro desexa abandonar a sociedade deberá avisar con un mes de antelación, e non terá ningún dereito sobre os bens comúns adquiridos ata ese momento no local.

9.-A Sociedade é PECHADA, polo que se algún interesado quixera entrar deberá esperar a que algún membro solicite a baixa, que sexa aceptado por unanimidade e abonar a cantidade de 150 €, máis a mensualidade.

10.-Se algún membro desexa traer un invitado as ceas, deberá comunicalo con antelación e será sempre cando a ese membro lle toque cociñar. Cada mes haberá como máximo tres invitados nas xuntanzas.

11.-Todos aqueles danos efectuados sobre o local alugado, serán abonados polo “responsable” e se este se negase, automaticamente será expulsado da Sociedade e os danos abonados a escote por todos os demais membros.

12.-Hai un responsable para cada tarefa, reposición de louza, leña, produtos de limpeza, ordear a bodega, cobrar multas, levar a contabilidade......para cada cousa poñerse en contacto con eles.

13.-A limpeza do local está encomendada a unha señora contratada para tal fin, o mesmo que os manteis e servilletas, nos facilitaremos a súa labor, deixando o local o máis ordenado posible.

14.-Quedaremos varios días o ano para arranxar e pintar o local (as datas poranse nas ceas).

No hay comentarios: