lunes, 9 de marzo de 2009

CEA DO VENRES 6 DE MARZO

O pasado Venres tivemos a puntual cea do Choco, nesta ocasión Toñi, Paco e Jose foron os encargados de facer que os paladares do resto de socios tiveran o privilexio de degustar a súa excelente elección.

Comezaron cuns entrantes de corazón de leituga con tomate e atún regado con vinagre de módena, montaditos de xamón e salmón afumado en pan tostado. O primeiro prato foi exquisito, tanto na súa presentación como no resultado final, onde o sabor estivo mou armonioso co resto do prato, pois o rape negro acompañado de colas de langostino, ovo cocio e herbillas foron un deleite para os nosos estómagos. No segundo prato non se arrisgaron e apostaron por algo seguro, solomillo de tenrreira acompañado de patacas ó forno (parecidas as panadeiras pero enteiras), cebola pochada ou caramelizada e uns champiñóns en salsa de nata con queixo. O postre ( que algún confundiu con crema pasteleira) foi unha crema de mango con uvas pasas e xirope de chocolate, todo elo regado con dous fantásticos caldos, un Rías Baixas (LIÑAR DE VIDES) e un Rioxa ( MURÚA).

Cando os compeñentes deste grupo nos envíen a súa receita, colgarémola para que vós tamén poidades disfrutar destes excelentes pratos.













1 comentario:

Anónimo dijo...

Menudos pratos vos preparades, e menudas festas os Venres, a ver cando convidades......