martes, 4 de mayo de 2010

III FESTA TREZECATORZEADORA

Un ano máis, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze orzaniza a festa "TREZECATORCEADORA" donde o bo ambiente e a troula está garantido con un sinfín de actividades. Será no torreiro de festas de Sta. María, este Sábado día 8 de Maio a partir das 12:00, e a hora de remate será cando o corpo o pida.




















Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o sábado 8 de maio a súa III Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, mambos, skas, reegues, e moito máis! Apertas e até pronto

texto: "festatrezecatorzeadora.blogaliza.org"

3 comentarios:

Ana Powell dijo...

Chicos, no parais.
Y dale con mas fiestas x

Anónimo dijo...

Ahí estaremos, joder que ben o pasamos o ano pasado.... mi madriña que desfeita por aquelas veijas......

Anónimo dijo...

Mañán actuación estelar do grupo de gaitas "Os de Sempre", así que todo mundo a almorzar o torreiro de festas da Concepción.