viernes, 8 de mayo de 2009

RODABALLOS DA RÍA NO RESTAURANTE "A REGUEIRA"

Juan Acuña (cociñeiro e xerente do restaurante A Regueira) cun Rodaballo duns 7 kg. aprox. e un lenguado.


Bonita peza a que nos presenta ( quen poidera incarlle o dente)


Hoxe acercámonos o Restaurante A Regueria, situado en Salceda de Caselas no barrio de Pomar de Suso en Castro Barreiro. Recibiunos o xerente do restaurante Juan Acuña (meiriño para algúns), coma case todos os da súa familia e supoño que a moita honra.
A visita da mesma foi para apreciar uns fantásticos RODABALLOS da Ría que acababa de mercar, (un deles aínda chegou vivo o restaurante) xunto tamén con uns bonitos LENGUADOS. O rodaballo en Galicia e un peixe moi apreciado, o cal se pode preparar de mil formas (cocido, guisado, a prancha, ó forno, etc...).

Pois grazas a Juan aquí quedan estas fotos con tan preciadas pezas, que de seguro farán as delicias de quen os vaian a degustar. Bo proveito.

Xentileza do RESTAURANTE A REGUERIA (Teléfono 986 34 79 88)

Aquí vos quedan uns enlaces con varias recetas e maneiras de preparar o rodaballo, espero que vos gusten.
Recetase de Rodaballo
Máis recetas de rodaballo
E unhas poucas máis

Como non, a gastronomía e a canción van moitas veces da mán, aquí vos queda unha das cancións máis famosas adicadas o rodaballo, "UNHA LANCHA DE MARÍN"

XXIII FESTA DO CHOCO EN REDONDELA

Xa estamos comezando as miles de festas gastronómicas que o longo de todo o verán se van a realizar por toda Galicia, este fin de semana temos a tradicional Festas do Choco en Redondela, unha das veteranas e de recoñecido prestixio.

Aquí tendes un pequeno resumo das actividades que se van a realizar na fin de semana.

12:00
Lanzamento de bombas de palenque anunciando o comezo da festa.
12:04
Apertura dos stand da feira de Artesanía.
12:15
Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela.
12:30
Apertura dos stand para a Degustación dos pratos e Empanadas de Choco.
18:30
Pasarrúas do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela e de seguido, actuación no recinto dos stand da festa do Choco.
21:30
Comezo da Verbena amenizada polas orquestras Atlanta e Senadores.

Para máis información en TURISMO DE REDONDELA


miércoles, 29 de abril de 2009

LAMPREA A BORDALESA (LIMPEZA E PREPARACIÓN)

Aquí temos o proceso da limpeza dunha lamprea, hai xente que a prepara enteira, a limpeza sería a mesma pero non lle sacarían a médula dándolle uns cortes na parte posterior da mesma e cociñandoa enteira na tarteira, nós limpámola totalmente e cociñámola xa en trozos para comer. Esta sei que quedou moi rica, eu so participei na limpeza, a preparación foi do Sr. Tromenta no día do seu cumpreanos e polo que comentaron os comensais o resultado final foi moi bo, e debeu ser mesmo porque non quedou nin para a proba.


O pasado Domingo celebrouse en Arbo unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, "A FESTA DA LAMPREA". Deixamos aquí un pequeno resumo da tradicional preparación da lamprea a bordalesa, aínda que se prepara de moitas formas esta é unha das máis solicitadas.

INGREDIENTES PARA UNHA LAMPREA:
1 1/2 Cebola
1 Tomate natural triturado
1 ou 2 dentes de allo
100 Grms. de xamón serrano
Viño tinto do Condado
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra (non e imprescindible)
Mostaza
Aproveitar a súa sangue
Arroz branco (para acompañar)
Pan frito (se e do día anterior mellor)

martes, 28 de abril de 2009

PEQUENOS TRUCOS PARA O MARISCO

Truco de cociña 1:

Comprar ameixas

Un truco de cociña para poder determinar se as ameixas están frescas consiste en metelas dentro dun recipiente con auga fría. Retiraranse as que queden flotando e as outras poden ser consumidas sen problema. É importante, igualmente, retirar aquelas ameixas que estean abertas ou rotas.

Truco de cociña 2:

Limpalos caracois

Un truco caseiro para terminar de quitar as babas dos caracois con rapidez consiste en polos nunha cacerola con auga e vinagre, e a continuación movelos. Despois de dez minutos, aproximadamente, desaparecerán por completo

Truco de cociña 3:

Gambas enteiras e con bo aspecto

Se desexas que as gambas que se coceron non se lles separe a cabeza, débense introducir un instante en auga xeada.

Truco de cociña 4:

Luras moi jugosas


Un truco pra que as luras queden moi tenras e jugosas consiste en polas, unha vez que estean limpas, en remollo nun recipiente con leite e deixalas repousar así durante unhas dúas ou tres horas.

Truco de cociña 5:

Luras moi crujientes


Cando desexes que as luras che queden dourados e moi crujientes, débese botar un chisco de colorante no fermento cando se vaia a rebozalass.

Truco de cociña 6:

Mariscos cun pouco de brandy


Un truco de cociña para que os cangrexos, ameixas e lagostas queden exquisitas consiste en botar á auga, despois de fervelos, un chorriño de brandy e déixanse en repouso uns 10 minutos.

Truco de cociña 7:

Preparar polbo

Se desexas que o polbo quede excelente, débese pór na pota, cando se cociñe, unha cebola en anacos. O mollo que solta a cebola abrandarao e daralle bo sabor.

Truco de cociña 8:

Sen esnaquizarche as mans


Se teis problemas para abrir as ostras ou ameixas, débense lavar estas con auga fría, logo débense colocar nunha bolsa de plástico e déixanse no conxelador durante unha hora.

viernes, 24 de abril de 2009

MINI PIZZAS

Mini Pizzas para sair dun apuro.







Moitos son os momentos nos que o tempo apremia, e ahí cando este tipo de comidas ou suplementos gastronómicos nos sacan dun apuro. Ademais si un día chegamos e non temos bases para pizza improvisamos e sacamos a nosa imaxinación a relucir.

Esta e unha suxerencia, os ingredientes podedes sustituilos polos que máis vos gusten.

Pan de molde.
Salchichas.
Aceitunas.
Lonchas de queso Gouda.
Queso para fundir.
Salsa de tomate.
Champiñóns.
Xamón serrano.
Orégano.


Elaboración: Tostamos o pan de molde, nunha tostadora o ou ben na sartén, poñemos unha loncha de queso Gouda, pasamos as salchichas pola sartén cortámolas en tacos e as añadimos, logo colocamos o resto de ingredientes o noso gusto, por último espolvoreamos con queso para fundir e orégano.

Tempo de cocción: 3 minutos no micoondas e a comer, que vos aproveite.

martes, 21 de abril de 2009

El Bulli de Ferrán Adriá elexido por quinta vez, o cuarto ano consecutivo, o mellor restaurante do mundo

Ampliar foto

A cociña do restaurante El Bulli.

Entre os dez primeiros da lista figuran outros tres españois. Son os vascos Mugaritz, de Andoni Luís Aduriz (4º); Arzak, de Juan Mari Arzak (8º); e o catalán O Celler de Can Roca, de Joan Roca (5º).

El Bulli,
Gastronomía

O restaurante El Bulli, do soado cociñeiro español Ferrán Adrià, foi elixido este luns en Londres por cuarto ano consecutivo o mellor restaurante do mundo. O propio Adrià recibiu a distinción na gala da reputada revista gastronómica Restaurant para a entrega dos seus premios "S. Pellegrino", que se celebrou no Freemason'Hall, sé londinense da masónica Gran Logia Unida de Inglaterra. Entre os dez primeiros da lista dos 50 mellores restaurantes do mundo figuran outros tres españois: os vascos Mugaritz, de Andoni Luís Aduriz (cuarto lugar), e Arzak, de Juan Mari Arzak (oitavo), e o catalán O Celler de Can Roca, de Joan Roca (quinto). España convértese no país con máis restaurantes nos postos superiores da lista. Ningunha outra cociña do mundo logrou meter na parte alta da clasificación tantos establecementos, algo que destacou a organización ao subliñar que "España convértese no país con máis restaurantes nos postos superiores da lista". O Bulli, ubicado na localidade de Roses (Girona) e recoñecido con tres estrelas Michelín, conquistou o cume do ranking da arte culinario ao gañar unha votación mundial na que participaron máis de 800 chefs, críticos e expertos do sector. O establecemento de Rosas continuou a boa racha de edicións anteriores mercé á creatividade de Adriá, coñecido internacionalmente como "o alquimista da cociña".

Artigos relacionados

"El Bulli", elexido mellor restaurante del mundo por cuarto ano consecutivo
El Bulli de Ferran Adrià repite como mellor restaurante do mundo

lunes, 20 de abril de 2009

FESTA DA LAMPREA DE ARBO

O último fin de semana de abril (24-26/abril). Arbo celebra a Festa da Lamprea, un festexo de interese turístico que goza de gran popularidade e celébrase desde 1961.A degustación na Festa da Lamprea pódese realizar tanto nas casetas como nos restaurantes da vila, ante a alta demanda o recomendable é reservar con antelación. Todos os restaurantes da vila de Arbo preparan a lamprea, parece que os mellores en preparar este prato son o Mezquita, que se atopa na baixada á estación do tren, este restaurante está especializado en lamprea e angula, outro excelente sitio para degustarla é Os Pirús. Os restaurantes o que fan é prepararche unha lamprea enteira, non preparar racións individuais (a peza rolda os 65 Euros) preparan a lamprea enteira posto que a cocinan no seu propio sangue como ingrediente no seu cocción, polo que mellor absterse xente demasiado escrupulosa. A lamprea como é un produto estacional con tempada de xaneiro a finais de marzo, ata en abril ou maio esta apta para degustar. Esta forma de preparación no seu sangue é a tradicional e denomínase á bordelesa.Mostra da importancia que a pesca ten na zona son as denominadas pesqueiras del río Miño, unhas construcións únicas de sillares de granito situadas a ambos os dous lados do río Miño que penetran na canle fluvial desde as dúas ribeiras e cuxa función é a de capturar distintas especies piscícolas, basicamente salmón, lamprea e sábalo. Das pesqueiras fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas remóntanse á época romana, e en Arbo son especialmente abundantes.Ademais do bo comer deste singular froito de mar, pódese gozar dos paraxes naturais próximos como son a aldea de Barcela, a cima do monte de San Fins ou visitar os Pazos de Almuiña, Pombeiro e Sande.

A limpeza da lamprea



Pequeno documental da pesca en barca, Galicia Norte de Portugal, merece a pena velo.