Información variada de gastronomía, enoloxía, festas gastronómicas, en resumo todo o que está relacionado coa comida e a bebida.....
miércoles, 25 de marzo de 2009
II FESTA DO XABARÍN EN SALCEDA DE CASELAS
A comisión de festas da Virxe da Concepción 2009 xa ten preparada a II Festa gastronómica do xabarín, será o vindeiro Domingo día 5 de Abril a partir das 11:00 da mañá no torreiro de festas de Santa María de Salceda.
A organización ten previsto para este ano, e dado o gran éxito da I edición, unhas 1.500 racións, as cales irán compostas por 3 anacos de xabarín, patacas, arroz, pan e viño, todo elo por tan so 10 €.
Comisión de festas "Virxe da Concepción 2009" na presentación da festa.
Ración de xabarín que se servirá.
Xentileza de OSDESEMPRESALCEDA.BLOGSPOT.COM
Para poder facer fronte a estas preto de 1500 racións, prepararanse 400 quilos de xabarín, 200 quilos de pataca e 90 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros unha ración, acompañada tamén de viño caseiro da Ribeira Sacra (sobre 450 litros) e pan. O cociñeiro que levara a cabo dita degustación é Serafin Parada, panadeiro e cazador que estará acompañado nos fogons por Martin Acuña (O Cenicienta), Javier Martinez (O Vello) e Jose Fernadez (O Roxo) todos eles veciños da Feira e excelentes cociñeiros e como non, membros e colaboradores de OS DE SEMPRE. No caso de choiva, a festa gastronómica realizaráse no Centro Cultural da Devesa do Concello de Salceda de Caselas.
A Festa do Xabarín naceu nunha idea da comisión das Festas da Concepción do ano pasado, cando en dita comisión estaba composta por numerosos cazadores dos barrios de A Esfarrapada, A Feira e Castro Barreiro, para recaudar cartos para as Festas da Virxe da Concepción que este ano se celebrará os dias 1, 2 e 3 de Agosto.
Si queredes ter mais información sobre esta festa e sobre a entrevista que lle realizaron a Julio Fernandez (Juli) o presidente da comision de Festas da Virxe da Concepcion podedes visitar en internet a paxina de Vigometropolitano e queixadevos a ese medio de quen organizan a festa do Xabarin son A COMISION DE FESTAS DA VIRXE DA CONCEPCION e non da COMISION DE FESTAS DE SANTA MARIA, hai que ter mais creedibilidade, fiabilidade e ser mais verídicos e non escribir por escribir, como as tonterias que escribe o GARGANTA PROFUNDA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
A ver si este ano vos queda tan rico coma o ano pasado, a verdade e que o probamos con algo de recelo pero mereceu a pena.
Nunca probei o xabarín, pasarei por Salceda a ver si me gusta.
Que bem.
E vivam as festas e a boa comida.
Feliz fim de semana x
O QUE HAI É MUITO JABALÍN
Publicar un comentario