Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de marzo de 2009

Unha de despedidas.....

Isto si que e disfrutar do marisco no seu medio natural, comendo camaróns, empanada de mexilón todo elo acompañado dun albariño coa auga do mar baixo os pés.



Aquí temos un vídeo da despedida do noso compañeiro Humber, a verdade e que o pasamos moi ben esa fin de semana.

miércoles, 4 de febrero de 2009

O ENTROIDO E A GASTRONOMÍA

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia, sen olvidar que para nós sen dúbida o mellor entroido e o que se celebra en Salceda de Caselas, destacando o tradicional, e seguramente un dos máis lonxevos de Galicia, o que se celebra entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas de carnaval ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
Velaquí as mellores webs sobre o Entroido en Galicia:
O entroido en A Feira
O entroido en
Castro Barreiro
O Entroido en Xinzo de Limia: "pantallas", demos vixiantes e flaxeladores de paseantes sen disfraz.
A orixe dos peliqueiros, con información histórica e datos sobre a máscara dos cigarróns e a "lei do peliqueiro".
O Entroido en Verín O entroido en Ferrol

viernes, 16 de enero de 2009

NOVOS GRUPOS DE COCIÑA

Na última asamblea mantida o pasado mes de Decembro de 2008, debatimos entre outros temas o sorteo dos novos grupos de cociña, os cales quedaron compostos da seguinte maneira;



GRUPO 1 : Berto-Pablo-Manolo

GRUPO 2: Juan-Wences-Martín

GRUPO 3: Toñi-Jose-Paco

GRUPO 4: Humber-Carlos-Tabo

lunes, 10 de noviembre de 2008

Noticias sobre o choco

Hola amigos, abrimos esta espacio para comentar as noticias que se van producindo no noso mundo, (O mundo da cociña refírome), a ver si entre todos conseguimos que funcione. Podemos colgar fotos, menús, ideas, en dedinitiva todo o que se relacione co mundo da gastronomía e da enoloxía, feiras, artigos de compra, etc.