Queridos socios y comensales.....como sabéis en la anterior cena, se quedó en celebrar la cena correspondiente al mes de marzo el viernes de entroido (día 4), segunda cena del año 2011. Cocinan Carlos, Pablo, Tabo y Wences. Hoy lunes es el último día para efectuar el pago, no hacerlo conlleva una multa de 5 €. Saludos y que nos aproveche a todos.
Como pudisteis comprobar el pasado viernes, tuvimos totalmente en cuenta vuestras opiniones, queridos comensales, y seleccionamos mariscos de la mejor calidad de los mares de las Rías Baixas, para los "palaladares" más exquisitos. El menú se compuso de Mejillones al vapor con el vino de recepción (albariño de Arbo....con el que Juan nos volvió a sorprender en la elección), Navajas a la plancha, Percebes, Ostras de 1ª, Centollo de la ría, Langostinos. De postre una sorpresita "Bica galega al chocolate". En los próximos días esperamos contar con vídeos y más fotografías de la cena........y......por supuesto vuestros comentarios.
Seguimos con máis fotos da gran festa do marisco, quedan tamén un par de videos.
Degustación duns mexilóns ao vapor, barato e riquísimo.
E a comer sin parar.
Quen da máis, Berto parece que estás na subasta....
A foto dio todo.
Que ganas de volver a comerte.......
Todo listo para comenzar, coma sempre Toñi proba a comida por si está en mal estado.
Por problemas loxísticos no grupo de cociña formado por Tabo, Toñi, Wences e Pablo encargados da cea do vindeiro mes de Setembro, comunicamos que a cea prevista para o primeiro Venres de Setembro queda aprazada para o día 10, o que se comunica para o público coñecemento, en Salceda de Caselas a 27 de Agosto de 2010.
Este Venres día 6 de Agosto non haberá cea do Choco, as vacacións son sagradas para todo o mundo e a nosa asociación gastronómica-culinaria non iba a ser menos.
Deixamos as fotos da cea do mes pasado, os cociñeiros ademais de agradarnos con unha gran cea, dedicáronlle unha pequena homenaxe a Selección Española de Fútbol pola súa victoria no mundial de Sudáfrica, cabiaron os traxes de cociñeiros polas camisolas da nosa Selección.
Os pinchos coma sempre, servidos nos barriles que donaron as bodegas "Fariña" o Chocosalceda.
Que pose de alegría, non é para menos, pois Tabo e Belén foron pais o outro día.
¡¡¡ FELICIDADES !!!
A cea estibo servida no patio exterior da casa, unha noite impresionate para disfrutar dunha gran cea.
Primeiro prato, salpicón de caracolas de mar e centola da ría.
O meiro preparando o que sería o segundo prato, merluza de pincho a vizcaina.
En plena faena.
A merluza na mesa, pouco duou no prato estaba rica, rica....
As conchas de mar dan moito xogo, Carlos comonicándose co centro de interpretación mariña de Galicia.
Vista aérea da mesa, perece que pasou tornado, quedou todo arrasado.
Actuación estelar do grupo da Crus, non podía faltar.
Facendo unha chamando os Deuses da noite.
Vista panorámica da fortaleza do S. XIX.
Barriles das bodegas Fariña asinados polos seus propietarios.
Hola amigos, coma tódolos primeiros venres de cada mes reunímonos ó redor dunha mesa para degustar un novo menú, falar, debatir e compartir unha agradable velada gastronómica.
Os encargados desta ceremonia serán Jose, Carlos e Martín (falta Berto que foi visitar a moza a Francia) con un menú composto de peixe e carne.
aperitivos:
LANGOSTINO COCIDO CON PIÑA
1º prato:
LUBINA Ó FORNO CON ENSALADA DO TEMPO.
2º prato:
COELLO DE MONTE ESTOFADO O VIÑO TINTO E COELLO DE GRANXA A TARTEIRA ACOMPAÑADOS CON ARROZ DE SETAS.
Postre:
FRESAS CON NATA E LICOR.
Coma sempre ó rematar café, chupitos variados, licores e ronda de cubatas. (con debate incluído por suposto) A ver se alguén se acorda de traer uns puriños....
Para a semana que ven colgaremos as recetas e algunhas fotos desta nova cea, en fin hai que sufrir e asistir a outra papatoria
PD: Recordar que quedamos as 22:00 para tomar un aperitivo mentras esperamos o resto de compañeiros.
Boas de novo, despois dalgún tempo co noso blog en stand by volvemos a carga para dar a coñecer e seguir promocionando o Asociacionismo en torno o mundo gastronómico, culinario, etc....
Xa temos os novos turnos de cociña para este ano 2010, agora seremos 4 grupos xa que o noso compañeiro Paco non estará este ano por motivos laborais (voltarémolo de menos). Hoxe cociñan Manolo, Humber e Juan os cales nos servirán o seguinte menú;
ENTRANTES:
Mexilóns e zamburiñas en escabeche.
Variado de tostas con ventresca de atún e sardinillas.
O menú foi Pan Tumaca, xurelo desespiñado a brasa e cochinillo asado regado cunha botella de Rioja de 5 litros que trouxo o convidado (magnun non sei que). O postre cremas flanbeadas. O invitado Camilo da Pizzería e o disfraz co que fomos a Festa do Carnaval de Verán dos "Sanfermines".
A Espera de que o "Jetas" de Gustabo Gude envíe novas fotografías do resto das ceas, temos que conformarnos con isto.
O pasado Venres día 5 de Xuño tivemos a tradicional cea de primeiro de mes, foi o turno de cociña de Wences, Juan e Martín. Tivemos coma invitado especial a Miguel Rey máis coñecido por Tatá.
O menú estivo disposta da seguinte maneira;
APERITIVO: Intentamos facer uns ruxóns (coma cando se mata o porco), a verdade que o resultado non foi o que esperávamos.
1º PRATO: Espárrago de calibre grande con jamón york e queixo empanado en pan raido e frito en aceite de oliva. No mesmo prato presentamos un tomate recheo dun sofrito do interior do tomate, pemento vermello, cebola, allo e carne picada, terminamos este prato con queso raiado gouda e orégano, fixémolos ó forno.
2º PRATO: Merluza e Pinto a Galega. Cortado en rodaxas preperamos o peixe cocido aconpañado de pemento vermello, cebola e pataca cocida, fixemos unha allada composta por aceite de oliva, allo, pementón dulce e unhas gotas de vinagre.
POSTRE: Rodaxas de mazá frita rebozada en pasta de buñuelos.
A noite rematou cunha ronda de chistes no Txoco e unhas rondas de copas no novo local que abriu as súas portas en Salceda, ubicado no antigo Boger.
Aperitivo antes de cear.
Tomando un viño antes da cea.
Juan montanto as claras a punto de neve.
Sofrito para o recheo dos tomates.
Tomates vacíos para o recheo.
Tato estivo con nós tomando unha cervexa, si non e por él non teríamos corriente.
Espárragos con jamón york e queixo, foron fritos rebozados en pan raiado.
Os cociñeiros Wences, Juan e Martín coa merluza e o pinto que logo degustamos.
Xa temos de novo outra xuntanza coa cea oficial do primeiro venres de cada mes. Desta volta tócalle traballar a Juan, Wences e Martín así que xa poden poñerse as pilas para mellorar a última cea.
Parece que fixemos os sorteos de turnos a semana pasada e sen darnos conta xa estamos no verán, época de cómidas frescas, moita cervexa nas terrazas e un sinfín de festas gastronómicas que de seguro os membros deste txoco lles fai moita ilusión. A vindeira cea cadra co entroido de verán así que hai que pensar xa o difraz que imos a levar.
Temos na cociña este venres a uns seres moi curiosos:
Wences, un cociñeiro poeta un artista es estado puro un diamante sen pulir, iso si sempre e cando non se lle de por subierse o barril cunha vela..... para ler o poema que cada día lles adica os seus compañeiros.
Juan, un cociñeiro profesional máis delgado do normal, será que chega o bo tempo e fixo algún tipo de dieta para ligar na época estival, non si o final vai a ser verdada aquilo de que na casa de ferreiro espero de pau.......
Martín, un cociñeiro sin igual tanto chega a cociñar sen os alimentos por que os esqueceu na casa coma deixa todo atrás cando asa, si ó final vai a ser verdade, sentido non é que lle falte e as cousas non as olvida a propósito pero despistado serao sempre, aínda que non se o propoña.
Xa temos encima outra cea de categoría, non foi o 1º venres do mes pero non importa, a comida, presentación e trato do grupo de cociña foi moi bo. Desta vez toucoulle traballar a Berto, Lolo e Pablo, os cales presentaron un menú sencillo e complexo a vez, digo isto por exemplo polo primeiro prato, tratábase de foigra de pato con tostadas de pan e un centro de compota de mazá que xa estaba presentado na mesa, o cal resultou polo seu contraste de sabor realmente fastástico.
O segundo prato foi codillo de porco o forno, acompañado de patacan fritas en tacos, estaba rico rico. O menú e ingredientes pondrémolo para a semana.
Desta volta faltaron a cea 3 compoñentes da Asociación "Juan, Wences e Jose", que por diferentes motivos non poideron estar con nós. No canto deles estivemos acompañados por tres invitados, espero que disfrutaran da nosa compañía. Aquí quedan unhas fotos e un video para o recordo, ata o vindeiro Venres día 5 de Xuño.
A mesa preparada con pratos de foi gra e compota de mazá.
Aquí temos un primeiro plano, estaba exquisito.
Este son os barriles que nos regalaron na nosa visita as bodegas FARIÑA (D.O. Toro)
Presentación do codillo o forno.
Non falamos do postre, pero aquí está Berto para recordárnolo, un bizcocho-tarta de mazá, moi rico.
Este e un dos mellores momentos, incarlle o dente a comida.......
Fase tertulia.
Fase cubata.
Os cafés non poden faltar, cando está Berto temos a sorte de tomalo expréss.