miércoles, 1 de abril de 2009

O VINDEIRO VENRES 3 DE ABRIL CEA


Xa comezamos outro novo mes, e o primeiro Venres de Abril xa asoma a xanela, quedan dous días para a cea e as chaves sen aparecer. Bueno creo que as últimas noticias que chegaron a redacción falan de que poden estar na casa dalgún familiar da casa.... dicen a malas linguas; e debe ser verdade que apareceron porque despois dunha bonita poesía enviada por sms ós socios do Txoco as chaves sairon do seu paradeiro descoñecido e foron a parar ós que lle toca cociñar.

Cociñan este Venres D. Humberto, home de grandes recursos literarios, tanto asa unha sardiña coma coce unha galiña non antes de tomar un bo groliño na súa bodeguiña.

Temos por outra banda a D. Gustavo, home de idiomas variados, fala castelán, galego, inglés e portugúes, ademais de chapurrear o chinés a ver si nalgunha cea saca algún menú asiático, iso si que non sexa moi afrocisíaco.

Remata este trío de chefs D. Carlos un home de moitos papeles, tanto vende as noticias do día anterior coma che fai o regalo do teu cumpreanos coa colección de miniaturas dos grandes cociñeiros de España que saca no seu coleccionable a Voz de Galicia, iso si que é astucia.

Bueno, fora de bromas esperemos que estes tres tenores dos fogóns nos deleiten cun gran menú, de 1º poesía satírica de D. Humberto para os seus compañeiros de pucheiros, de 2º D. Gustavo deleitarnos con pavo chinés al acento inglés, e para rematar D. Carlos ofreceranos un variado de periódicos internacionales acompañado de suplementos dominicales. Que nos aproveite e non vos olvidedes de ser puntuais, as 22:00 h. tomase un viño e un tentenpié, ata o Venres.

No hay comentarios: