Información variada de gastronomía, enoloxía, festas gastronómicas, en resumo todo o que está relacionado coa comida e a bebida.....
martes, 28 de junio de 2011
viernes, 13 de mayo de 2011
miércoles, 27 de abril de 2011
SALCEDAFESTBIER
A comisión de festas da Virxe da Concepción está cos preparativos do vindeiro evento, será a II edición da festa da cervexa, este ano con máis días e xuntándoa coa tradicional festa do polo a brasa.
Coma non podía ser doutro xeito, o lugar de peregrinación será ata o torreiro de festas de Sta. María de Salceda, durante 3 días estaremos inmersos nun mundo de comida e bebida típica de Alemania sen esquencer os productos da terra que tamén estarán representadas.
Iremos actualizando a información cos grupos e as actividades que se van a desenrolar.
jueves, 17 de febrero de 2011
IV Festa Gastronómica do Xabarín
jueves, 8 de julio de 2010
V FESTA VIÑO TINTO RÍAS BAIXAS
lunes, 28 de junio de 2010
XX Festa da Langosta e da cociña mariñeira
miércoles, 9 de junio de 2010
I Festa da CERVEXA e X festa do POLO A BRASA

E aquí seguimos coas festas gastronómicas, temos en Salceda a I edición da festa da CERVEXA que organizan os membros da comisión de festas da Virxe da Concepción, será este Venres día 11 no torreiro de festas de Sta. María.

De novo no torreiro de festas de Sta. María, o Domingo día 13, teremos a X feta do POLO A BRASA, organizada de novo polos membros da comisión de festas da Virxe da Concepción.
miércoles, 26 de mayo de 2010
I concurso de tapas (Sanxenxo)
Cartel oficial

Establecementos participantes

Concello de Sanxenxo (máis info)
lunes, 24 de mayo de 2010
VII Festa do chourizo tradicional
miércoles, 19 de mayo de 2010
FESTAS GASTRONÓMICAS (22 Maio - 7 de Xuño)
Localidade: A Lama (Pontevedra)
Data: 23/05/2010
Programa 2010
El Ayuntamiento de A Lama, celebra este año la X edición de la fiesta del "Codillo" que un año más pretende deleitar a todos los visitantes y lugareños que se acerquen a las 14:00 h a la Alameda lamesa para degustar una elaborada receta con su principal protagonista, el "Codillo" de cerdo acompañado de verduras.
El menú incluye una ración de codillo, pan y vino, al módico precio de 6 €. Aunque también los establecimientos hosteleros de la zona se encargarán de elaborar este exquisito manjar de diferentes formas culinarias. A la par de la degustación del codillo, también habrá diferentes puestos de pulpo, empanadas, filloas, etc. En la misma Alameda.
Este año el pregón correrá a cargo de varios jóvenes lameses retornados de la emigración. El día estará amenizado por pasacalles a cargo del grupo "Troula Animaciones", que se encargarán de animar las calles del pueblo.

FESTA DA TROITA
No ano 1.967, o último domingo do mes de maio, botaba a andar a "Festa da Troita" de Ponte Caldelas, destacando a gastronomía e o Concurso Internacional de Pesca modalidade de salmónidos.
A festa nace pola iniciativa dun grupo de amigos afeccionados á pesca (Rafael López, Luis Blanco, Enrique Puga e Luciano Martínez, alcalde daquela época), vendo que había gran afluencia de troitas nos ríos que atravesan el termo municipal, ó mesmo tempo que promocionaban a vila.

FESTA DO GALO DE CURRAL
Localidade: Vila de Cruces (Pontevedra)
Data: 30/05/2010
FESTA DA CEREIXA
Programa 2010
La fiesta se celebrará en el barrio vigués de Beade en un ambiente primaveral en el que se le brinda homenaje a la cereza, con un amplio programa de actividades.
Sábado 22 de Mayo: A las 20:30 h. la compañía de teatro "Trasno Novo" realizará la obra "Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra".
Domingo 23: Sobre las 17:00 h. se celebrará un "Festival Infantil-Xuvenil" con diferentes actuaciones de baile rítmico y durante toda la tarde habrá multitud de juegos para los más pequeños. Este día también se hará entrega de los diplomas a los participantes en el concurso de carteles y se realizará el sorteo de una bicicleta entre los mismos.
Lunes 24: Este día a las 20:00 h. tendremos una conferencia sobre el Bicentenario de la Reconquista de Vigo en la parroquia de Beade, bajo el título de: "Os veciños de Beade loitando pola súa liberdade".
Martes 25: A partir de las 17:00 h. habrá juegos, hinchables y animación infantil para los más pequeños.
Miércoles 26: Este día disfrutaremos con la actuación del humorista Manuel Delgado a las 19:30 h. en el Auditorio.
Jueves 27: Durante la tarde tendremos la actuación de un payaso y magia a cargo de "Popin Show".
Viernes 28: A las 21:30 h. se llevarán a cabo diversas actuaciones de música tradicional.
Sábado 29: Este día a las 19:30 h. se celebrará la misa, en la que se realizará la ofrenda de la cereza en la iglesia parroquial, cantada por la coral del Centro Social Cultural y Recreativo de Beade. A las 21:30 h. tendrá lugar el "Festival Coral" con la actuación de la "Agrupación Coral Endesa As Pontes" y la "Masa Coral del C.S.C.R. de Beade". Ya por la noche tendremos la actuación de la "Banda Escola de Música de Beade".
Domingo 30: A las 11:30 h. tendrá lugar la recepción de Autoridades, que estará amenizada por la "Banda de Cornetas Gaitas y Tambores - Ría de Vigo" del C.S.C.R. de Beade. A las 12:00 h. en la 1ª planta del Edificio Principal tendrá lugar el "Fallo do Xurado" de los concursos de calidad, presentación, derivados de la cereza y repostería. A las 12:30 h. tendremos una presentación de "Cordas Clásicas" a cargo del grupo del C.S.C.R. de Beade y a continuación, lectura del pregón a cargo de D. Maximino San Martín, que dará paso a la entrega de premios "Cereixas de Ouro" a los ganadores de los diferentes concursos. A las 14:30 h. comenzará el "Xantar" y por la tarde disfrutaremos con el festival folclórico de "cantareiras", grupos de gaitas y de baile tradicional. A las 20:30 h. habrá una actuación humorística y a las 21:00 h. fin de fiesta a cargo del "Grupo de Cordas e Voces Manso e Amigos".

FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS
Carballeira de Barrantes (5, 6 e 7 de xuño)
A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Artesanía e a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva.
A Mostra de Exaltación da Nosa Conserva inclúe degustación dos produtos das conserveiras da comarca do Salnés que participan na mostra, así como unha demostración das grandes e variadas receitas de cociña que se poden facer con este alimento e premios para os mellores produtos.
martes, 4 de mayo de 2010
III FESTA TREZECATORZEADORA

Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o sábado 8 de maio a súa III Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, mambos, skas, reegues, e moito máis! Apertas e até pronto
texto: "festatrezecatorzeadora.blogaliza.org"
viernes, 30 de abril de 2010
FESTAS GASTRONOMICAS

PROGRAMACIÓN DA XVI FESTA DA RAIA 2010 - PORTONOVO
SÁBADO, 24 DE ABRIL
•Concurso de cociña Festa da Raia: categorías amateur e profesional.
•Bases Concurso Cociña.
•Lugar: Cafetería-Tapería Maracaibo.
•Hora: 18.00 h.
VENRES, 30 DE ABRIL
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Encontro da Terceira Idade Recepción e benvida dos grupos de participantes.
•12.30 h Actuación do Grupo de Teatro do Club de xubilados de Portonovo.
•16.30 h Concursos Miss e Mister Festa da Raia 3ª Idade.
•19,00 h Animación musical.
•22,30 h Monólogos a cargo de Cándido Pazó, Avelino González e Silvia Dorrón. Actuación do grupo de percusión de BMP.
SÁBADO, 1 DE MAIO
•11.00 h Pasacalles a cargo da Asociación Cultural Os Gatiños de Portonovo.
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Acto de entrega de:
- Premios Concurso de Cociña Festa da Raia
- Galardóns Raias de Ouro
•16.30 h Encontro de Palilleiras coa participación de grupos de:
Marín, Pontevedra, O Grove , Raxó, Sanxenxo e Portonovo.
•22.30 h Concerto folk de Roi Casal.
DOMINGO, 2 DE MAIO
•11.00 h Pasacalles a cargo da Agrupación Folclórica Lembranzas.
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Certame de Canción Popular coa actuación de:
Coro Parroquial de Vilalonga, Coral Polifónica Santa María Adina de Portonovo, Coro de Xubilados de Sanxenxo, Club de Xubilados de Portonovo, Coro Parroquial San Xines de Padriñán, Coro Parroquial San Esteban de Noalla e do grupo convidado de Villa Blanca de Luarca.
•17.30 h XV Festival de baile rexional e gaita galega coa participación de:
Os Gatiños de Portonovo, Abiñadoira de Sanxenxo, Savia Nova de Nantes, Lembranzas de Portonovo, Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada, Asociación Cultural e Folclórica de Dorrón, Retesías de Sanxenxo e Con de Xido de Castrelo.
Actuación especial do Grupo de Pandereteiras de Portonovo
Festa das quendas e da empanada

As quendas 2010 serán do 30 abril ó 2 maio. A festa contará con actividades de todo tipo: Feira de animais, degustación de torta e a música de grandes bandas. O venres 30 ", París Noia París" e "Television Orquesta" serán as encargadas de animar a festa. O 1 de Maio, día grande das QUENDAS, terá lugar a exposición de gando, a degustación tortas de sabor tradicional e a actuación das orquestras "Millennium" e "Galilea". Finalmente, o domingo 2 de maio, a orquestra "Jerusalén" será a encargada de animar a festa.
Queimada motera

A queimada motera chamadse así porque os motociclistas agrupados en Galicia "Os Bravus Moto Club" preparan cada ano para o primeiro de maio, aínda que este ano é menor polo feito de caer en sábado
VI Festa da empanada de Forquellas e Cachena
VI Festa da exaltación da "Empanada de Forquellas" e a "Cachena da Serra do Qinxo", realizada en Terrachán. Serán acompañadas por actuacións musicais nunha carpa pechada. O prezo será de 10 €, que estará composto por unha porción de empanada "carne cocida, pan e viño nunha copa conmemorativa.
viernes, 5 de marzo de 2010
III FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN
Un ano máis, e xa van tres....a Comisión de Festas da Virxe da Concepción na parroquia salcedense de Santa María de Salceda, organiza a súa coñecida Festa Gastronómica do Xabarín.
Nesta edición vanse preparar un total de 350 kg da codiciada carne de caza para un total de 1000 racións, acompañadas con arroz, pataca, pan e viño tinto das mellores colleitas. A receita ao estilo cazador, é celosamente gardada polos cociñeiros da Feira comandados por Serafín. Hai que dicir que tres días antes... o xabarín xa está a macerar en herbas aromáticas, cebola e case cen litros de viño da Rioxa, pois se necesitan viños con pouca acidez. Polo tanto o prezo a pagar o día da festa, pódese dicir que é totalmente "popular" (10 €). A festa que se celebrará este domingo día 7 de marzo, comezará as 11:00 horas da mañá e estará amenizada polo grupo "Talismán".
Para aqueles que non lles apeteza degustar a carne de caza, haberá outras posibilidades, como son as racións de callos e orella que se servirán no bar montado para a ocasión.
Colabora a Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas.
miércoles, 15 de julio de 2009
FESTA DO CUBALITRO 2009
martes, 9 de junio de 2009
IX FESTA DO POLO ASADO
A comisión de festas da Virxen da Concepción celebra este fin de semana a IX Festa do polo asado no torreiro de festas da Concepción. Este ano e como novidade a festa xa comenza o Sábado pola noite con chourizos e viño a prezos populares, xa o Domingo e a partires das 11:30 h. comezarán a servirse as racións de polo asado, todo elo amenizado pola música dunha charanga. ¡¡¡ ANÍMATE E PARTICIPA !!!
jueves, 4 de junio de 2009
Festa do viño Tinto do Salnes 2009

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, organismo presidido por José Manuel Figueroa, acolleu a presentación da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés que se celebra este fin de semana en Barrantes Ribadumia, Pontevedra-.
A Festa do Viño Tinto do Salnés que organiza Ribadumia, manifesta a importancia que este concello outorga ao enoturismo, fundamentalmente ao viño tinto de Barrantes, un viño que se converteu no signo de identidade de Ribadumia. Pero ademais, Ribadumia tamén quixo apostar pola gastronomía e, por segundo ano consecutivo e dado o éxito da pasada edición, dedicará, durante o fin de semana da Festa do Viño Tinto, unha homenaxe a conserva a través da II Mostra-Exaltación de Conserva do Salnés na que participarán 11 conserveiras.
Os días 5, 6 e 7 de xuño é posible gozar, en Ribadumia, dun completo programa organizado con motivo da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés e que abarca desde os concursos de cata dos viños de Barrantes, ata a venda e degustación de viños das bodegas locais, degustaciones de produtos autóctonos e conservas, talleres para nenos, concertos de música folclórica tradicional ou actuacións de grupos como Melendi, David Civera, Manu Carrasco ou Rosa López que participarán nunha gala que Paris de Noia organiza con motivo do seu 50 aniversario e que ten lugar o 5 de xuño a partir das 23h na Carballeira de Barrantes. A Festa do Viño Tinto do Salnés é, ademais, tal e como recalcou a Alcaldesa Salomé Pena, un excelente argumento para visitar Ribadumia e descubrir dos seus atractivos turísticos.
viernes, 8 de mayo de 2009
XXIII FESTA DO CHOCO EN REDONDELA
Xa estamos comezando as miles de festas gastronómicas que o longo de todo o verán se van a realizar por toda Galicia, este fin de semana temos a tradicional Festas do Choco en Redondela, unha das veteranas e de recoñecido prestixio.Aquí tendes un pequeno resumo das actividades que se van a realizar na fin de semana.
12:00
Lanzamento de bombas de palenque anunciando o comezo da festa.
12:04
Apertura dos stand da feira de Artesanía.
12:15
Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela.
12:30
Apertura dos stand para a Degustación dos pratos e Empanadas de Choco.
18:30
Pasarrúas do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela e de seguido, actuación no recinto dos stand da festa do Choco.
21:30
Comezo da Verbena amenizada polas orquestras Atlanta e Senadores.
Para máis información en TURISMO DE REDONDELA
lunes, 20 de abril de 2009
FESTA DA LAMPREA DE ARBO
O último fin de semana de abril (24-26/abril). Arbo celebra a Festa da Lamprea, un festexo de interese turístico que goza de gran popularidade e celébrase desde 1961.A degustación na Festa da Lamprea pódese realizar tanto nas casetas como nos restaurantes da vila, ante a alta demanda o recomendable é reservar con antelación. Todos os restaurantes da vila de Arbo preparan a lamprea, parece que os mellores en preparar este prato son o Mezquita, que se atopa na baixada á estación do tren, este restaurante está especializado en lamprea e angula, outro excelente sitio para degustarla é Os Pirús. Os restaurantes o que fan é prepararche unha lamprea enteira, non preparar racións individuais (a peza rolda os 65 Euros) preparan a lamprea enteira posto que a cocinan no seu propio sangue como ingrediente no seu cocción, polo que mellor absterse xente demasiado escrupulosa. A lamprea como é un produto estacional con tempada de xaneiro a finais de marzo, ata en abril ou maio esta apta para degustar. Esta forma de preparación no seu sangue é a tradicional e denomínase á bordelesa.Mostra da importancia que a pesca ten na zona son as denominadas pesqueiras del río Miño, unhas construcións únicas de sillares de granito situadas a ambos os dous lados do río Miño que penetran na canle fluvial desde as dúas ribeiras e cuxa función é a de capturar distintas especies piscícolas, basicamente salmón, lamprea e sábalo. Das pesqueiras fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas remóntanse á época romana, e en Arbo son especialmente abundantes.Ademais do bo comer deste singular froito de mar, pódese gozar dos paraxes naturais próximos como son a aldea de Barcela, a cima do monte de San Fins ou visitar os Pazos de Almuiña, Pombeiro e Sande.
A limpeza da lamprea
Pequeno documental da pesca en barca, Galicia Norte de Portugal, merece a pena velo.
miércoles, 25 de marzo de 2009
II FESTA DO XABARÍN EN SALCEDA DE CASELAS

A comisión de festas da Virxe da Concepción 2009 xa ten preparada a II Festa gastronómica do xabarín, será o vindeiro Domingo día 5 de Abril a partir das 11:00 da mañá no torreiro de festas de Santa María de Salceda.
A organización ten previsto para este ano, e dado o gran éxito da I edición, unhas 1.500 racións, as cales irán compostas por 3 anacos de xabarín, patacas, arroz, pan e viño, todo elo por tan so 10 €.
Comisión de festas "Virxe da Concepción 2009" na presentación da festa.

Ración de xabarín que se servirá.
Xentileza de OSDESEMPRESALCEDA.BLOGSPOT.COM
Para poder facer fronte a estas preto de 1500 racións, prepararanse 400 quilos de xabarín, 200 quilos de pataca e 90 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros unha ración, acompañada tamén de viño caseiro da Ribeira Sacra (sobre 450 litros) e pan. O cociñeiro que levara a cabo dita degustación é Serafin Parada, panadeiro e cazador que estará acompañado nos fogons por Martin Acuña (O Cenicienta), Javier Martinez (O Vello) e Jose Fernadez (O Roxo) todos eles veciños da Feira e excelentes cociñeiros e como non, membros e colaboradores de OS DE SEMPRE. No caso de choiva, a festa gastronómica realizaráse no Centro Cultural da Devesa do Concello de Salceda de Caselas.
A Festa do Xabarín naceu nunha idea da comisión das Festas da Concepción do ano pasado, cando en dita comisión estaba composta por numerosos cazadores dos barrios de A Esfarrapada, A Feira e Castro Barreiro, para recaudar cartos para as Festas da Virxe da Concepción que este ano se celebrará os dias 1, 2 e 3 de Agosto.
Si queredes ter mais información sobre esta festa e sobre a entrevista que lle realizaron a Julio Fernandez (Juli) o presidente da comision de Festas da Virxe da Concepcion podedes visitar en internet a paxina de Vigometropolitano e queixadevos a ese medio de quen organizan a festa do Xabarin son A COMISION DE FESTAS DA VIRXE DA CONCEPCION e non da COMISION DE FESTAS DE SANTA MARIA, hai que ter mais creedibilidade, fiabilidade e ser mais verídicos e non escribir por escribir, como as tonterias que escribe o GARGANTA PROFUNDA.

















