miércoles, 15 de julio de 2009

FESTA DO CUBALITRO 2009

Este Venres 17 de Xullo vai a celerarse a tradicional festa do CUBALITRO coincidindo co comenzo das festas na honra o Santísimo Cristo da Agonía de Salceda de Caselas. A festa será no torreiro de festas de Sta. María de Salceda a partires das 24:00 h. Xa sabes si non queres perder unha das mellores festas do verán non faltes......

miércoles, 10 de junio de 2009

CEA DO 5 DE XUÑO

O pasado Venres día 5 de Xuño tivemos a tradicional cea de primeiro de mes, foi o turno de cociña de Wences, Juan e Martín. Tivemos coma invitado especial a Miguel Rey máis coñecido por Tatá.

O menú estivo disposta da seguinte maneira;

APERITIVO: Intentamos facer uns ruxóns (coma cando se mata o porco), a verdade que o resultado non foi o que esperávamos.

1º PRATO: Espárrago de calibre grande con jamón york e queixo empanado en pan raido e frito en aceite de oliva. No mesmo prato presentamos un tomate recheo dun sofrito do interior do tomate, pemento vermello, cebola, allo e carne picada, terminamos este prato con queso raiado gouda e orégano, fixémolos ó forno.

2º PRATO: Merluza e Pinto a Galega. Cortado en rodaxas preperamos o peixe cocido aconpañado de pemento vermello, cebola e pataca cocida, fixemos unha allada composta por aceite de oliva, allo, pementón dulce e unhas gotas de vinagre.

POSTRE: Rodaxas de mazá frita rebozada en pasta de buñuelos.

A noite rematou cunha ronda de chistes no Txoco e unhas rondas de copas no novo local que abriu as súas portas en Salceda, ubicado no antigo Boger.







Aperitivo antes de cear.



Tomando un viño antes da cea.







Juan montanto as claras a punto de neve.


Sofrito para o recheo dos tomates.



Tomates vacíos para o recheo.



Tato estivo con nós tomando unha cervexa, si non e por él non teríamos corriente.



Espárragos con jamón york e queixo, foron fritos rebozados en pan raiado.



Os cociñeiros Wences, Juan e Martín coa merluza e o pinto que logo degustamos.




Recibindo ós comensais e invitados.



Preparando a cea.

Claras a punto de neve.



Preparando espárragos e recheo para os tomates.



Cortando as racións de merluza e pinto.

Chistes









martes, 9 de junio de 2009

IX FESTA DO POLO ASADO

A comisión de festas da Virxen da Concepción celebra este fin de semana a IX Festa do polo asado no torreiro de festas da Concepción. Este ano e como novidade a festa xa comenza o Sábado pola noite con chourizos e viño a prezos populares, xa o Domingo e a partires das 11:30 h. comezarán a servirse as racións de polo asado, todo elo amenizado pola música dunha charanga. ¡¡¡ ANÍMATE E PARTICIPA !!!

jueves, 4 de junio de 2009

Festa do viño Tinto do Salnes 2009




O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, organismo presidido por José Manuel Figueroa, acolleu a presentación da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés que se celebra este fin de semana en Barrantes Ribadumia, Pontevedra-.

A Festa do Viño Tinto do Salnés que organiza Ribadumia, manifesta a importancia que este concello outorga ao enoturismo, fundamentalmente ao viño tinto de Barrantes, un viño que se converteu no signo de identidade de Ribadumia. Pero ademais, Ribadumia tamén quixo apostar pola gastronomía e, por segundo ano consecutivo e dado o éxito da pasada edición, dedicará, durante o fin de semana da Festa do Viño Tinto, unha homenaxe a conserva a través da II Mostra-Exaltación de Conserva do Salnés na que participarán 11 conserveiras.

Os días 5, 6 e 7 de xuño é posible gozar, en Ribadumia, dun completo programa organizado con motivo da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés e que abarca desde os concursos de cata dos viños de Barrantes, ata a venda e degustación de viños das bodegas locais, degustaciones de produtos autóctonos e conservas, talleres para nenos, concertos de música folclórica tradicional ou actuacións de grupos como Melendi, David Civera, Manu Carrasco ou Rosa López que participarán nunha gala que Paris de Noia organiza con motivo do seu 50 aniversario e que ten lugar o 5 de xuño a partir das 23h na Carballeira de Barrantes. A Festa do Viño Tinto do Salnés é, ademais, tal e como recalcou a Alcaldesa Salomé Pena, un excelente argumento para visitar Ribadumia e descubrir dos seus atractivos turísticos.

miércoles, 3 de junio de 2009

!!E PRIMEIRO VENRES DE MES TOCA CEA¡¡

Xa temos de novo outra xuntanza coa cea oficial do primeiro venres de cada mes. Desta volta tócalle traballar a Juan, Wences e Martín así que xa poden poñerse as pilas para mellorar a última cea.
Parece que fixemos os sorteos de turnos a semana pasada e sen darnos conta xa estamos no verán, época de cómidas frescas, moita cervexa nas terrazas e un sinfín de festas gastronómicas que de seguro os membros deste txoco lles fai moita ilusión. A vindeira cea cadra co entroido de verán así que hai que pensar xa o difraz que imos a levar.
Temos na cociña este venres a uns seres moi curiosos:
Wences, un cociñeiro poeta un artista es estado puro un diamante sen pulir, iso si sempre e cando non se lle de por subierse o barril cunha vela..... para ler o poema que cada día lles adica os seus compañeiros.
Juan, un cociñeiro profesional máis delgado do normal, será que chega o bo tempo e fixo algún tipo de dieta para ligar na época estival, non si o final vai a ser verdada aquilo de que na casa de ferreiro espero de pau.......
Martín, un cociñeiro sin igual tanto chega a cociñar sen os alimentos por que os esqueceu na casa coma deixa todo atrás cando asa, si ó final vai a ser verdade, sentido non é que lle falte e as cousas non as olvida a propósito pero despistado serao sempre, aínda que non se o propoña.
Ata o venres.........

martes, 12 de mayo de 2009

A MATANZA DO PORCO

A matanza do porco (tradición que estaba moi arraigada no rural galego), soese facer nos meses de inverno aínda que se pode realizar en calquera mes do ano. Pois ben aquí vos quedan uns videos dunha matanza tradicional (foi no carro), recollendo o sangue para facer fillos, aproveitando o graxa para facelos ruxóns, etc.
Iremos colgando nesta mesma entrada durante uns días varios fragmentos do ritual que se soe seguir nestes casos, espero que vos guste, aínda que ahi partes que non son moi agradables.


Levando o carro para o sacrificio



Os preparativos, o fento, o carro....



Preparándose para a faena



Levando para o carro



Preparando para o chamuscado



Momento do chamuscado para queimar o pelo.



Co soplete para eliminar restos de pelo.



Comendo o cocido

sábado, 9 de mayo de 2009

Cea do Venres 8 de Maio

Xa temos encima outra cea de categoría, non foi o 1º venres do mes pero non importa, a comida, presentación e trato do grupo de cociña foi moi bo. Desta vez toucoulle traballar a Berto, Lolo e Pablo, os cales presentaron un menú sencillo e complexo a vez, digo isto por exemplo polo primeiro prato, tratábase de foigra de pato con tostadas de pan e un centro de compota de mazá que xa estaba presentado na mesa, o cal resultou polo seu contraste de sabor realmente fastástico.

O segundo prato foi codillo de porco o forno, acompañado de patacan fritas en tacos, estaba rico rico. O menú e ingredientes pondrémolo para a semana.

Desta volta faltaron a cea 3 compoñentes da Asociación "Juan, Wences e Jose", que por diferentes motivos non poideron estar con nós. No canto deles estivemos acompañados por tres invitados, espero que disfrutaran da nosa compañía. Aquí quedan unhas fotos e un video para o recordo, ata o vindeiro Venres día 5 de Xuño.



A mesa preparada con pratos de foi gra e compota de mazá.


Aquí temos un primeiro plano, estaba exquisito.



Este son os barriles que nos regalaron na nosa visita as bodegas FARIÑA (D.O. Toro)



Presentación do codillo o forno.



Non falamos do postre, pero aquí está Berto para recordárnolo, un bizcocho-tarta de mazá, moi rico.





Este e un dos mellores momentos, incarlle o dente a comida.......


Fase tertulia.



Fase cubata.


Os cafés non poden faltar, cando está Berto temos a sorte de tomalo expréss.



Cuidadín que me quemorrrrrr.......



Lolo e Pablo preparando os pratos.