Xa temos de novo outra xuntanza coa cea oficial do primeiro venres de cada mes. Desta volta tócalle traballar a Juan, Wences e Martín así que xa poden poñerse as pilas para mellorar a última cea.
Parece que fixemos os sorteos de turnos a semana pasada e sen darnos conta xa estamos no verán, época de cómidas frescas, moita cervexa nas terrazas e un sinfín de festas gastronómicas que de seguro os membros deste txoco lles fai moita ilusión. A vindeira cea cadra co entroido de verán así que hai que pensar xa o difraz que imos a levar.
Temos na cociña este venres a uns seres moi curiosos:
Wences, un cociñeiro poeta un artista es estado puro un diamante sen pulir, iso si sempre e cando non se lle de por subierse o barril cunha vela..... para ler o poema que cada día lles adica os seus compañeiros.
Juan, un cociñeiro profesional máis delgado do normal, será que chega o bo tempo e fixo algún tipo de dieta para ligar na época estival, non si o final vai a ser verdada aquilo de que na casa de ferreiro espero de pau.......
Martín, un cociñeiro sin igual tanto chega a cociñar sen os alimentos por que os esqueceu na casa coma deixa todo atrás cando asa, si ó final vai a ser verdade, sentido non é que lle falte e as cousas non as olvida a propósito pero despistado serao sempre, aínda que non se o propoña.
Ata o venres.........
1 comentario:
Tal cual lo pones ......tal cual son.....
Publicar un comentario