O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, organismo presidido por José Manuel Figueroa, acolleu a presentación da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés que se celebra este fin de semana en Barrantes Ribadumia, Pontevedra-.
A Festa do Viño Tinto do Salnés que organiza Ribadumia, manifesta a importancia que este concello outorga ao enoturismo, fundamentalmente ao viño tinto de Barrantes, un viño que se converteu no signo de identidade de Ribadumia. Pero ademais, Ribadumia tamén quixo apostar pola gastronomía e, por segundo ano consecutivo e dado o éxito da pasada edición, dedicará, durante o fin de semana da Festa do Viño Tinto, unha homenaxe a conserva a través da II Mostra-Exaltación de Conserva do Salnés na que participarán 11 conserveiras.
Os días 5, 6 e 7 de xuño é posible gozar, en Ribadumia, dun completo programa organizado con motivo da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés e que abarca desde os concursos de cata dos viños de Barrantes, ata a venda e degustación de viños das bodegas locais, degustaciones de produtos autóctonos e conservas, talleres para nenos, concertos de música folclórica tradicional ou actuacións de grupos como Melendi, David Civera, Manu Carrasco ou Rosa López que participarán nunha gala que Paris de Noia organiza con motivo do seu 50 aniversario e que ten lugar o 5 de xuño a partir das 23h na Carballeira de Barrantes. A Festa do Viño Tinto do Salnés é, ademais, tal e como recalcou a Alcaldesa Salomé Pena, un excelente argumento para visitar Ribadumia e descubrir dos seus atractivos turísticos.
1 comentario:
Que bien, otra fiesta.
Así me gusta x
Publicar un comentario