martes, 9 de junio de 2009

IX FESTA DO POLO ASADO

A comisión de festas da Virxen da Concepción celebra este fin de semana a IX Festa do polo asado no torreiro de festas da Concepción. Este ano e como novidade a festa xa comenza o Sábado pola noite con chourizos e viño a prezos populares, xa o Domingo e a partires das 11:30 h. comezarán a servirse as racións de polo asado, todo elo amenizado pola música dunha charanga. ¡¡¡ ANÍMATE E PARTICIPA !!!

jueves, 4 de junio de 2009

Festa do viño Tinto do Salnes 2009




O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, organismo presidido por José Manuel Figueroa, acolleu a presentación da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés que se celebra este fin de semana en Barrantes Ribadumia, Pontevedra-.

A Festa do Viño Tinto do Salnés que organiza Ribadumia, manifesta a importancia que este concello outorga ao enoturismo, fundamentalmente ao viño tinto de Barrantes, un viño que se converteu no signo de identidade de Ribadumia. Pero ademais, Ribadumia tamén quixo apostar pola gastronomía e, por segundo ano consecutivo e dado o éxito da pasada edición, dedicará, durante o fin de semana da Festa do Viño Tinto, unha homenaxe a conserva a través da II Mostra-Exaltación de Conserva do Salnés na que participarán 11 conserveiras.

Os días 5, 6 e 7 de xuño é posible gozar, en Ribadumia, dun completo programa organizado con motivo da XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés e que abarca desde os concursos de cata dos viños de Barrantes, ata a venda e degustación de viños das bodegas locais, degustaciones de produtos autóctonos e conservas, talleres para nenos, concertos de música folclórica tradicional ou actuacións de grupos como Melendi, David Civera, Manu Carrasco ou Rosa López que participarán nunha gala que Paris de Noia organiza con motivo do seu 50 aniversario e que ten lugar o 5 de xuño a partir das 23h na Carballeira de Barrantes. A Festa do Viño Tinto do Salnés é, ademais, tal e como recalcou a Alcaldesa Salomé Pena, un excelente argumento para visitar Ribadumia e descubrir dos seus atractivos turísticos.

miércoles, 3 de junio de 2009

!!E PRIMEIRO VENRES DE MES TOCA CEA¡¡

Xa temos de novo outra xuntanza coa cea oficial do primeiro venres de cada mes. Desta volta tócalle traballar a Juan, Wences e Martín así que xa poden poñerse as pilas para mellorar a última cea.
Parece que fixemos os sorteos de turnos a semana pasada e sen darnos conta xa estamos no verán, época de cómidas frescas, moita cervexa nas terrazas e un sinfín de festas gastronómicas que de seguro os membros deste txoco lles fai moita ilusión. A vindeira cea cadra co entroido de verán así que hai que pensar xa o difraz que imos a levar.
Temos na cociña este venres a uns seres moi curiosos:
Wences, un cociñeiro poeta un artista es estado puro un diamante sen pulir, iso si sempre e cando non se lle de por subierse o barril cunha vela..... para ler o poema que cada día lles adica os seus compañeiros.
Juan, un cociñeiro profesional máis delgado do normal, será que chega o bo tempo e fixo algún tipo de dieta para ligar na época estival, non si o final vai a ser verdada aquilo de que na casa de ferreiro espero de pau.......
Martín, un cociñeiro sin igual tanto chega a cociñar sen os alimentos por que os esqueceu na casa coma deixa todo atrás cando asa, si ó final vai a ser verdade, sentido non é que lle falte e as cousas non as olvida a propósito pero despistado serao sempre, aínda que non se o propoña.
Ata o venres.........

martes, 12 de mayo de 2009

A MATANZA DO PORCO

A matanza do porco (tradición que estaba moi arraigada no rural galego), soese facer nos meses de inverno aínda que se pode realizar en calquera mes do ano. Pois ben aquí vos quedan uns videos dunha matanza tradicional (foi no carro), recollendo o sangue para facer fillos, aproveitando o graxa para facelos ruxóns, etc.
Iremos colgando nesta mesma entrada durante uns días varios fragmentos do ritual que se soe seguir nestes casos, espero que vos guste, aínda que ahi partes que non son moi agradables.


Levando o carro para o sacrificio



Os preparativos, o fento, o carro....



Preparándose para a faena



Levando para o carro



Preparando para o chamuscado



Momento do chamuscado para queimar o pelo.



Co soplete para eliminar restos de pelo.



Comendo o cocido

sábado, 9 de mayo de 2009

Cea do Venres 8 de Maio

Xa temos encima outra cea de categoría, non foi o 1º venres do mes pero non importa, a comida, presentación e trato do grupo de cociña foi moi bo. Desta vez toucoulle traballar a Berto, Lolo e Pablo, os cales presentaron un menú sencillo e complexo a vez, digo isto por exemplo polo primeiro prato, tratábase de foigra de pato con tostadas de pan e un centro de compota de mazá que xa estaba presentado na mesa, o cal resultou polo seu contraste de sabor realmente fastástico.

O segundo prato foi codillo de porco o forno, acompañado de patacan fritas en tacos, estaba rico rico. O menú e ingredientes pondrémolo para a semana.

Desta volta faltaron a cea 3 compoñentes da Asociación "Juan, Wences e Jose", que por diferentes motivos non poideron estar con nós. No canto deles estivemos acompañados por tres invitados, espero que disfrutaran da nosa compañía. Aquí quedan unhas fotos e un video para o recordo, ata o vindeiro Venres día 5 de Xuño.



A mesa preparada con pratos de foi gra e compota de mazá.


Aquí temos un primeiro plano, estaba exquisito.



Este son os barriles que nos regalaron na nosa visita as bodegas FARIÑA (D.O. Toro)



Presentación do codillo o forno.



Non falamos do postre, pero aquí está Berto para recordárnolo, un bizcocho-tarta de mazá, moi rico.





Este e un dos mellores momentos, incarlle o dente a comida.......


Fase tertulia.



Fase cubata.


Os cafés non poden faltar, cando está Berto temos a sorte de tomalo expréss.



Cuidadín que me quemorrrrrr.......



Lolo e Pablo preparando os pratos.




viernes, 8 de mayo de 2009

RODABALLOS DA RÍA NO RESTAURANTE "A REGUEIRA"

Juan Acuña (cociñeiro e xerente do restaurante A Regueira) cun Rodaballo duns 7 kg. aprox. e un lenguado.


Bonita peza a que nos presenta ( quen poidera incarlle o dente)


Hoxe acercámonos o Restaurante A Regueria, situado en Salceda de Caselas no barrio de Pomar de Suso en Castro Barreiro. Recibiunos o xerente do restaurante Juan Acuña (meiriño para algúns), coma case todos os da súa familia e supoño que a moita honra.
A visita da mesma foi para apreciar uns fantásticos RODABALLOS da Ría que acababa de mercar, (un deles aínda chegou vivo o restaurante) xunto tamén con uns bonitos LENGUADOS. O rodaballo en Galicia e un peixe moi apreciado, o cal se pode preparar de mil formas (cocido, guisado, a prancha, ó forno, etc...).

Pois grazas a Juan aquí quedan estas fotos con tan preciadas pezas, que de seguro farán as delicias de quen os vaian a degustar. Bo proveito.

Xentileza do RESTAURANTE A REGUERIA (Teléfono 986 34 79 88)

Aquí vos quedan uns enlaces con varias recetas e maneiras de preparar o rodaballo, espero que vos gusten.
Recetase de Rodaballo
Máis recetas de rodaballo
E unhas poucas máis

Como non, a gastronomía e a canción van moitas veces da mán, aquí vos queda unha das cancións máis famosas adicadas o rodaballo, "UNHA LANCHA DE MARÍN"

XXIII FESTA DO CHOCO EN REDONDELA

Xa estamos comezando as miles de festas gastronómicas que o longo de todo o verán se van a realizar por toda Galicia, este fin de semana temos a tradicional Festas do Choco en Redondela, unha das veteranas e de recoñecido prestixio.

Aquí tendes un pequeno resumo das actividades que se van a realizar na fin de semana.

12:00
Lanzamento de bombas de palenque anunciando o comezo da festa.
12:04
Apertura dos stand da feira de Artesanía.
12:15
Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela.
12:30
Apertura dos stand para a Degustación dos pratos e Empanadas de Choco.
18:30
Pasarrúas do Grupo de Gaitas Asubíos de Cedeira - Redondela e de seguido, actuación no recinto dos stand da festa do Choco.
21:30
Comezo da Verbena amenizada polas orquestras Atlanta e Senadores.

Para máis información en TURISMO DE REDONDELA