miércoles, 10 de junio de 2009

CEA DO 5 DE XUÑO

O pasado Venres día 5 de Xuño tivemos a tradicional cea de primeiro de mes, foi o turno de cociña de Wences, Juan e Martín. Tivemos coma invitado especial a Miguel Rey máis coñecido por Tatá.

O menú estivo disposta da seguinte maneira;

APERITIVO: Intentamos facer uns ruxóns (coma cando se mata o porco), a verdade que o resultado non foi o que esperávamos.

1º PRATO: Espárrago de calibre grande con jamón york e queixo empanado en pan raido e frito en aceite de oliva. No mesmo prato presentamos un tomate recheo dun sofrito do interior do tomate, pemento vermello, cebola, allo e carne picada, terminamos este prato con queso raiado gouda e orégano, fixémolos ó forno.

2º PRATO: Merluza e Pinto a Galega. Cortado en rodaxas preperamos o peixe cocido aconpañado de pemento vermello, cebola e pataca cocida, fixemos unha allada composta por aceite de oliva, allo, pementón dulce e unhas gotas de vinagre.

POSTRE: Rodaxas de mazá frita rebozada en pasta de buñuelos.

A noite rematou cunha ronda de chistes no Txoco e unhas rondas de copas no novo local que abriu as súas portas en Salceda, ubicado no antigo Boger.







Aperitivo antes de cear.



Tomando un viño antes da cea.







Juan montanto as claras a punto de neve.


Sofrito para o recheo dos tomates.



Tomates vacíos para o recheo.



Tato estivo con nós tomando unha cervexa, si non e por él non teríamos corriente.



Espárragos con jamón york e queixo, foron fritos rebozados en pan raiado.



Os cociñeiros Wences, Juan e Martín coa merluza e o pinto que logo degustamos.




Recibindo ós comensais e invitados.



Preparando a cea.

Claras a punto de neve.



Preparando espárragos e recheo para os tomates.



Cortando as racións de merluza e pinto.

Chistes









1 comentario:

Ana Powell dijo...

Hola chicos
En esta casa hay siempre fiesta y que lujo de cena.
A disfrutar que la vida es muy corta x