martes, 28 de abril de 2009

PEQUENOS TRUCOS PARA O MARISCO

Truco de cociña 1:

Comprar ameixas

Un truco de cociña para poder determinar se as ameixas están frescas consiste en metelas dentro dun recipiente con auga fría. Retiraranse as que queden flotando e as outras poden ser consumidas sen problema. É importante, igualmente, retirar aquelas ameixas que estean abertas ou rotas.

Truco de cociña 2:

Limpalos caracois

Un truco caseiro para terminar de quitar as babas dos caracois con rapidez consiste en polos nunha cacerola con auga e vinagre, e a continuación movelos. Despois de dez minutos, aproximadamente, desaparecerán por completo

Truco de cociña 3:

Gambas enteiras e con bo aspecto

Se desexas que as gambas que se coceron non se lles separe a cabeza, débense introducir un instante en auga xeada.

Truco de cociña 4:

Luras moi jugosas


Un truco pra que as luras queden moi tenras e jugosas consiste en polas, unha vez que estean limpas, en remollo nun recipiente con leite e deixalas repousar así durante unhas dúas ou tres horas.

Truco de cociña 5:

Luras moi crujientes


Cando desexes que as luras che queden dourados e moi crujientes, débese botar un chisco de colorante no fermento cando se vaia a rebozalass.

Truco de cociña 6:

Mariscos cun pouco de brandy


Un truco de cociña para que os cangrexos, ameixas e lagostas queden exquisitas consiste en botar á auga, despois de fervelos, un chorriño de brandy e déixanse en repouso uns 10 minutos.

Truco de cociña 7:

Preparar polbo

Se desexas que o polbo quede excelente, débese pór na pota, cando se cociñe, unha cebola en anacos. O mollo que solta a cebola abrandarao e daralle bo sabor.

Truco de cociña 8:

Sen esnaquizarche as mans


Se teis problemas para abrir as ostras ou ameixas, débense lavar estas con auga fría, logo débense colocar nunha bolsa de plástico e déixanse no conxelador durante unha hora.

2 comentarios:

FONTE DO VIÑO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Marisco dijo...

MARISCO, MARISCO QUE RICO O MARISCO......

O mellor do marisco e poder comelo, aínda que unha preparación axeitada e o mellor para poder degustalo con todo o seu sabor.