miércoles, 29 de abril de 2009

LAMPREA A BORDALESA (LIMPEZA E PREPARACIÓN)

Aquí temos o proceso da limpeza dunha lamprea, hai xente que a prepara enteira, a limpeza sería a mesma pero non lle sacarían a médula dándolle uns cortes na parte posterior da mesma e cociñandoa enteira na tarteira, nós limpámola totalmente e cociñámola xa en trozos para comer. Esta sei que quedou moi rica, eu so participei na limpeza, a preparación foi do Sr. Tromenta no día do seu cumpreanos e polo que comentaron os comensais o resultado final foi moi bo, e debeu ser mesmo porque non quedou nin para a proba.


O pasado Domingo celebrouse en Arbo unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia, "A FESTA DA LAMPREA". Deixamos aquí un pequeno resumo da tradicional preparación da lamprea a bordalesa, aínda que se prepara de moitas formas esta é unha das máis solicitadas.

INGREDIENTES PARA UNHA LAMPREA:
1 1/2 Cebola
1 Tomate natural triturado
1 ou 2 dentes de allo
100 Grms. de xamón serrano
Viño tinto do Condado
Aceite de oliva
Sal
Pementa negra (non e imprescindible)
Mostaza
Aproveitar a súa sangue
Arroz branco (para acompañar)
Pan frito (se e do día anterior mellor)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que boa pinta ten, pero a mín non me acaba e convencer, un anaquiño aínda entra pero máis xa non. Como ben decides ou gusta a rebentar ou por moito que a probes non che da convencido.

Ana Powell dijo...

Hola
Gracias por el video, aprendi una cosa nueva con vosotros.
Desde hace algun tiempo tengo problemas para leer vuestro blog, pues so pone todo verde. Al entrar la parte blanca del medio con el texto solamente se queda blanca por unos segundos, entro y salgo para ver si se queda mejor pero no funciona. Que pena.
Hasta pronto x