Información variada de gastronomía, enoloxía, festas gastronómicas, en resumo todo o que está relacionado coa comida e a bebida.....
viernes, 5 de marzo de 2010
III FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN
Un ano máis, e xa van tres....a Comisión de Festas da Virxe da Concepción na parroquia salcedense de Santa María de Salceda, organiza a súa coñecida Festa Gastronómica do Xabarín.
Nesta edición vanse preparar un total de 350 kg da codiciada carne de caza para un total de 1000 racións, acompañadas con arroz, pataca, pan e viño tinto das mellores colleitas. A receita ao estilo cazador, é celosamente gardada polos cociñeiros da Feira comandados por Serafín. Hai que dicir que tres días antes... o xabarín xa está a macerar en herbas aromáticas, cebola e case cen litros de viño da Rioxa, pois se necesitan viños con pouca acidez. Polo tanto o prezo a pagar o día da festa, pódese dicir que é totalmente "popular" (10 €). A festa que se celebrará este domingo día 7 de marzo, comezará as 11:00 horas da mañá e estará amenizada polo grupo "Talismán".
Para aqueles que non lles apeteza degustar a carne de caza, haberá outras posibilidades, como son as racións de callos e orella que se servirán no bar montado para a ocasión.
Colabora a Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario