miércoles, 4 de febrero de 2009

O ENTROIDO E A GASTRONOMÍA

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia, sen olvidar que para nós sen dúbida o mellor entroido e o que se celebra en Salceda de Caselas, destacando o tradicional, e seguramente un dos máis lonxevos de Galicia, o que se celebra entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas de carnaval ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
Velaquí as mellores webs sobre o Entroido en Galicia:
O entroido en A Feira
O entroido en
Castro Barreiro
O Entroido en Xinzo de Limia: "pantallas", demos vixiantes e flaxeladores de paseantes sen disfraz.
A orixe dos peliqueiros, con información histórica e datos sobre a máscara dos cigarróns e a "lei do peliqueiro".
O Entroido en Verín O entroido en Ferrol

lunes, 2 de febrero de 2009

NOVAS NORMAS DO CHOCO, APROBADAS EN ASAMBLEA

Modificaciós aprobadas nas normas da Asociación Cultural, Gastronómica e Culinaria "Choco España Moderada" para o ano 2009:

1- Quedar varios días o ano para arreglar o local (pintar, limpar, colocar percheiro, etc.). A data pondrase nas ceas.
2- As multas serán con subidas exponenciais :3 €/ 6 €/ 12 €.
3- 300 € anuais para a señora da limpeza.
4- Mantense o aluguer en 60 €/mes para que Toñito viva mellor..
5- Tabo e Carlos compran a cesta de Nadal da señora por 30 €.

Grupos:
A) Berto, Pablo, Lolo; B) Martín, Wences, Juan Regueira; C) Toñi, José, Paco; D) Humber, Carlos, Tabo.

NOTA: O presuposto das ceas mensuais baixa de 200 € a 190 €, debido a baixa definitiva do Choco de Juan Francisco.

Enviado polo socio Humberto Rey.

viernes, 16 de enero de 2009

EXCURSIÓN A RIOJA E RIBERA DEL DUERO

Salón noble da bodega Maqués del Puerto.
Raúl de Comeral, vas coller un bo resfriado.

Noite nevada na Rioxa


Degustación na bodega Lealtanza



Chegando a Ribera del Duero, Lolo xa tiña cara de fame.




Aquí temos, a que foi posiblemente ata o de agora a mellor saída que realizou o choco. Foi en Marzo do ano 2007, fixemos unha visita a varias bodegas situadas na zona da Ribera del Duero, a Rioja rematando a visita na viaxe de volta en Zamora (denominación de orixe TORO).


A viaxe foi grazas a colaboración de Juan Auña (Restaurante a Regueira) e Raúl comercial da distribuidora (COMERAL).


Día 1: Saímos da Devesa as 07:30 h. "despois de esperar por un dos organizadores" nun autobús de 55 prazas con 11 pasaxeiros a bordo e un sinfín de productos delicatesen que aportou a distribuidora Comeral, as cales fixeron as delicias dos asisntentes, con destino as maravillosas terras da Ribera del Duero para visitar as bodegas LEGARIS , donde comemos nun muiño un espectacular cordero lechal o forno. Proseguimos a nosa viaxe ata a Rioxa donde nos hospedamos nun céntrico hotel da cidade, pola noite ceamos nun restaurante moi preto do hotel, probamos por primeira vez os espárragos frescos cocidos (unha delicia para o paladar) e tomamos a copa de rigor, facendo unha panorámica nevada da cidade como se aprecia nas imaxes.


Día 2: Neste día visitamos a bodega MARQUÉS DEL PUERTO, viños recoñecimos mundialmente que tivemos a sorte de degustar nas intimidades máis escondidas dos seus pasillos subterráneos, neste lugar podias gañar ou perder moitas "PLAQUETAS", e non me refiro as sanguíneas. A comida foi servida no salón noble da bodega, apreciase na fotografía a confortabilidade do lugar. A tarde foi libre, uns aproveitaron para visitar a cidade, outros para dormir e os máis atrevidos para seguir coa festa. Chegou a noite e xa nos esperaba outra visita neste caso as bodegas LEALTANZA, donde a amabilidade e respeto dos seus responsables nos fixeron sentir como na casa, a cea tamén foi servida por cortesía da propia bodega.

Despois da visita tomamos a nosa copa habitual e acudimos a uns recitais nun local fantástico, primeiro foi JUAN DE JUANES quen nos fixo chorar coa súa interpretación acompañado polo inseparable guitarrista JOSE. A última actuación foi a cargo de farruquito, donde o seu tema estrela "MUEVE LA CADERA, MUEVE EL HÍGADO, MUEVE EL CORAZÓN" fixo as delicias do público alí presente.


DÍA 3: Partimos da Rioxa con moita nostálxia, pero aínda quedaban moitas sorpresas, a primeira foi a visita a fábrica de PERÓN, donde se cosechan posiblemente os mellores pementos de piquillo e espárragos de toda España. O almorzo foi a base de productos típicos da súa colleita, chourizos e embutidos regados cun rosado de cosecha propia, que gran tío o Sr. PERÓN.

A última parada foi en Zamora para visitar as bodegas TORO, donde degustamos "uns máis que outros" un exquisito guiso de carne. Rematamos a vixaxe no autobús tomando unhas copas antes de chegar con moita nostalxia a Salceda.

NOVOS GRUPOS DE COCIÑA

Na última asamblea mantida o pasado mes de Decembro de 2008, debatimos entre outros temas o sorteo dos novos grupos de cociña, os cales quedaron compostos da seguinte maneira;



GRUPO 1 : Berto-Pablo-Manolo

GRUPO 2: Juan-Wences-Martín

GRUPO 3: Toñi-Jose-Paco

GRUPO 4: Humber-Carlos-Tabo

miércoles, 12 de noviembre de 2008

ASAMBLEA ANUAL EN DECEMBRO

Como xa sabedes, o vindeiro mes de Decembro teremos unha asamblea xeral para debatir as próximas modificacións no Choco, as novas ideas e os cambios que cada un de nós queira aportar. Que sepades que este Blog non deixa de ser unha proba, a cal a debatiremos para confirmar si queremos seguir usando este espacio ou non.
Si apostamos por seguir co blog, pondremos unha dirección de e-mail directa para que cada un mande as súas fotos, noticias, ideas, etc., conseguindo así unha participación directa por parte de todos.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Algunhas fotos para comezar

Cantando o himno despois da cea.
Entrega do testigo, agora vai directamente a lavandería.
Ferrán, Berasategui e Carlos Arguiñano.
Momento clave, a baixar a cruz.
Tabo e Martín nun recital de música galega.
O fogueteiro no medio das faíscas.
Exterior das bodegas fillaboa.

Aquí temos algunhas fotos das primeiras ceas, unha da visita as bodegas Fillaboa, como observaredes algún de nós xa cambiou bastante e iso que aínda cumprimos o terceiro aniversario o pasado Mércores.

Primeira cea oficial

Quen e a lechuza..........
En fase de coñecemento.
Primeira cea, ovos fritos con ketchup.

Esta e a primeira cea oficial que fixemos, como vedes hai algún compañeiro que xa non está, e faltan outros que entraron máis tarde. Tranquilos so se publicarán fotos permitidas polo "censor" desta páxina.