miércoles, 4 de febrero de 2009

O ENTROIDO E A GASTRONOMÍA

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia, sen olvidar que para nós sen dúbida o mellor entroido e o que se celebra en Salceda de Caselas, destacando o tradicional, e seguramente un dos máis lonxevos de Galicia, o que se celebra entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas de carnaval ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
Velaquí as mellores webs sobre o Entroido en Galicia:
O entroido en A Feira
O entroido en
Castro Barreiro
O Entroido en Xinzo de Limia: "pantallas", demos vixiantes e flaxeladores de paseantes sen disfraz.
A orixe dos peliqueiros, con información histórica e datos sobre a máscara dos cigarróns e a "lei do peliqueiro".
O Entroido en Verín O entroido en Ferrol

3 comentarios:

TROMENTA dijo...

Hola, hola, xa podedes invitar a unha cea por ser eu o primeiro seguidor do voso blog.

Anónimo dijo...

Quedas convidado, o Venres as 22:00 en Cabreira, ó lado da farmacia, si non podes ir avisa que lle toca a cociñar o meu grupo, Martín.

Anónimo dijo...

Martín....estás hecho un poeta de carallo....copiar e pegar en Internet fai maravillas!