viernes, 7 de mayo de 2010

TOCA CEA... E VENRES 7 DE MAIO

Hola amigos, coma tódolos primeiros venres de cada mes reunímonos ó redor dunha mesa para degustar un novo menú, falar, debatir e compartir unha agradable velada gastronómica.
Os encargados desta ceremonia serán Jose, Carlos e Martín (falta Berto que foi visitar a moza a Francia) con un menú composto de peixe e carne.
aperitivos:
LANGOSTINO COCIDO CON PIÑA
1º prato:
LUBINA Ó FORNO CON ENSALADA DO TEMPO.
2º prato:
COELLO DE MONTE ESTOFADO O VIÑO TINTO E COELLO DE GRANXA A TARTEIRA ACOMPAÑADOS CON ARROZ DE SETAS.
Postre:
FRESAS CON NATA E LICOR.
Coma sempre ó rematar café, chupitos variados, licores e ronda de cubatas. (con debate incluído por suposto) A ver se alguén se acorda de traer uns puriños....
Para a semana que ven colgaremos as recetas e algunhas fotos desta nova cea, en fin hai que sufrir e asistir a outra papatoria
PD: Recordar que quedamos as 22:00 para tomar un aperitivo mentras esperamos o resto de compañeiros.

martes, 4 de mayo de 2010

III FESTA TREZECATORZEADORA

Un ano máis, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze orzaniza a festa "TREZECATORCEADORA" donde o bo ambiente e a troula está garantido con un sinfín de actividades. Será no torreiro de festas de Sta. María, este Sábado día 8 de Maio a partir das 12:00, e a hora de remate será cando o corpo o pida.




















Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o sábado 8 de maio a súa III Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, mambos, skas, reegues, e moito máis! Apertas e até pronto

texto: "festatrezecatorzeadora.blogaliza.org"

viernes, 30 de abril de 2010

FESTAS GASTRONOMICAS

XVI Festa da Raia 2010 - Portonovo




















PROGRAMACIÓN DA XVI FESTA DA RAIA 2010 - PORTONOVO

SÁBADO, 24 DE ABRIL
•Concurso de cociña Festa da Raia: categorías amateur e profesional.
•Bases Concurso Cociña.
•Lugar: Cafetería-Tapería Maracaibo.
•Hora: 18.00 h.
VENRES, 30 DE ABRIL
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Encontro da Terceira Idade Recepción e benvida dos grupos de participantes.
•12.30 h Actuación do Grupo de Teatro do Club de xubilados de Portonovo.
•16.30 h Concursos Miss e Mister Festa da Raia 3ª Idade.
•19,00 h Animación musical.
•22,30 h Monólogos a cargo de Cándido Pazó, Avelino González e Silvia Dorrón. Actuación do grupo de percusión de BMP.
SÁBADO, 1 DE MAIO
•11.00 h Pasacalles a cargo da Asociación Cultural Os Gatiños de Portonovo.
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Acto de entrega de:
- Premios Concurso de Cociña Festa da Raia
- Galardóns Raias de Ouro
•16.30 h Encontro de Palilleiras coa participación de grupos de:
Marín, Pontevedra, O Grove , Raxó, Sanxenxo e Portonovo.
•22.30 h Concerto folk de Roi Casal.
DOMINGO, 2 DE MAIO
•11.00 h Pasacalles a cargo da Agrupación Folclórica Lembranzas.
•12.00 h Apertura dos stands de degustación.
•Certame de Canción Popular coa actuación de:
Coro Parroquial de Vilalonga, Coral Polifónica Santa María Adina de Portonovo, Coro de Xubilados de Sanxenxo, Club de Xubilados de Portonovo, Coro Parroquial San Xines de Padriñán, Coro Parroquial San Esteban de Noalla e do grupo convidado de Villa Blanca de Luarca.
•17.30 h XV Festival de baile rexional e gaita galega coa participación de:
Os Gatiños de Portonovo, Abiñadoira de Sanxenxo, Savia Nova de Nantes, Lembranzas de Portonovo, Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada, Asociación Cultural e Folclórica de Dorrón, Retesías de Sanxenxo e Con de Xido de Castrelo.
Actuación especial do Grupo de Pandereteiras de Portonovo

Festa das quendas e da empanada










As quendas 2010 serán do 30 abril ó 2 maio. A festa contará con actividades de todo tipo: Feira de animais, degustación de torta e a música de grandes bandas. O venres 30 ", París Noia París" e "Television Orquesta" serán as encargadas de animar a festa. O 1 de Maio, día grande das QUENDAS, terá lugar a exposición de gando, a degustación tortas de sabor tradicional e a actuación das orquestras "Millennium" e "Galilea". Finalmente, o domingo 2 de maio, a orquestra "Jerusalén" será a encargada de animar a festa.

Queimada motera










A queimada motera chamadse así porque os motociclistas agrupados en Galicia "Os Bravus Moto Club" preparan cada ano para o primeiro de maio, aínda que este ano é menor polo feito de caer en sábado

VI Festa da empanada de Forquellas e Cachena

VI Festa da exaltación da "Empanada de Forquellas" e a "Cachena da Serra do Qinxo", realizada en Terrachán. Serán acompañadas por actuacións musicais nunha carpa pechada. O prezo será de 10 €, que estará composto por unha porción de empanada "carne cocida, pan e viño nunha copa conmemorativa.

miércoles, 28 de abril de 2010

II Feira Internacional do Viño - Vilagarcía de Arousa





O International Wine Técnicas e Equipos (Vintech) retorna a Vilagarcía entre o 26 e 28 de abril, elevando a máis de un centenar de expositores nacionais e internacionais para mostrar a última tecnoloxía e equipos.

O evento, realizado no campus da A Maroma, pasará a ser a plataforma tecnolóxica do sector vitivinícola, en Galicia, servindo tamén para conectar cos principais centros de investigación en España, Francia e Portugal e empresas do sector. O obxectivo é facilitar a transferencia de R & D proxectos e mellorar os procedementos de cooperación entre os países europeos.

A busca por novos mercados no exterior e a presentación de novas técnicas, produtos e servizos que permiten a expansión deste importante sector en Galicia son a base deste evento, indicou onte un dos seus organizadores.

lunes, 8 de marzo de 2010

VISITA A BODEGA "PRADO REY" (fotos)















Viñedos
















Aproveitamento do espacio (apilación en panel de colmena).






















Antigua bodega (subterránea)

































Explicación dos productos Prado Rey despois da visita a bodega.


















Explicacion na finca.

















Comida restaurante Nazareno

















Como non "queimada".

















Pinchos na bodega.

















Racimo nos viñedos (seleccionan o mellor o resto queda na viña).

viernes, 5 de marzo de 2010

1º VENRES DO MES DE MARZO, TOCA PAPATORIA

Boas de novo, despois dalgún tempo co noso blog en stand by volvemos a carga para dar a coñecer e seguir promocionando o Asociacionismo en torno o mundo gastronómico, culinario, etc....
Xa temos os novos turnos de cociña para este ano 2010, agora seremos 4 grupos xa que o noso compañeiro Paco non estará este ano por motivos laborais (voltarémolo de menos). Hoxe cociñan Manolo, Humber e Juan os cales nos servirán o seguinte menú;

ENTRANTES:
Mexilóns e zamburiñas en escabeche.
Variado de tostas con ventresca de atún e sardinillas.
PRATO PRINCIPAL
Lombo de porco asado a piña.
POSTRE
Postre asturiano típico de carnaval.

III FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN
















Un ano máis, e xa van tres....a Comisión de Festas da Virxe da Concepción na parroquia salcedense de Santa María de Salceda, organiza a súa coñecida Festa Gastronómica do Xabarín.

Nesta edición vanse preparar un total de 350 kg da codiciada carne de caza para un total de 1000 racións, acompañadas con arroz, pataca, pan e viño tinto das mellores colleitas. A receita ao estilo cazador, é celosamente gardada polos cociñeiros da Feira comandados por Serafín. Hai que dicir que tres días antes... o xabarín xa está a macerar en herbas aromáticas, cebola e case cen litros de viño da Rioxa, pois se necesitan viños con pouca acidez. Polo tanto o prezo a pagar o día da festa, pódese dicir que é totalmente "popular" (10 €). A festa que se celebrará este domingo día 7 de marzo, comezará as 11:00 horas da mañá e estará amenizada polo grupo "Talismán".

Para aqueles que non lles apeteza degustar a carne de caza, haberá outras posibilidades, como son as racións de callos e orella que se servirán no bar montado para a ocasión.

Colabora a Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas.