viernes, 13 de marzo de 2009

PEQUENOS TRUCOS DE COCIÑA

Aquí temos alunhas ideas para cortar as verduras de distintas formas, coidado dos dedos.



Máis trucos

Pelar cebolas: Si quieres evitar que che choren os ollos, deixaas na neveira unhas horas e non che farán chorar cando as intentes picar.

Peixe ó forno: Coloca nunha bandexa untada con un pouco de aceite, mantequilla ou margarina, o peixe limpo separado en filetes. Despois deixao todo a túa imaxinación.

Filetes de merluza con toque: Ponos nunha bandexa ben colocados. Sazónaos e exprime un limón por encima. Espolvorea un pouco de fariña por encima do peixe. Verte un pouco de mantequilla por encima e colócaos no forno uns minutos e listo.

Peixe con pementos: Saltea uns pementos cortados e unhas cebolas con un pouco de allo. Coloca este fondo por encima dos filetes e pon o peixe no horno. Uns minutos e listo.

Pan raiado: Espolvorea o peixe un pouco de pan raiado, verte un poco de mantequilla fundida por encima e pono no forno.

Peixe a pataca: Fríe unhas rodaxas de patacas, despois coloca o peixe encima. Corta unhas rodaxas de tomate, unhas rodaxas de cebola, un pouco de orégano, prexel picado e un poco de pan raiado. Rocía con un pouco de aceite de oliva por encima. Coloca a bandexa no forno e espera uns minutos.

A prancha sin prancha: Para evitar que o peixe a prancha se queime antes que se coza ou simplemente non teis unha prancha, teis dúas solucións. Si teis prancha, marca o peixe por un lado e polo outro, colocao nunha bandexa e o forno. Quédache branco e ben feito por dentro. Colocao nunha bandexa, en crú, e meteo no forno ben quente, cando esté dorado por encima voltéao e unha vez dorado baixa a temperatura do forno ata que esté feito.

Fai o teu propio vinagre de malta, de tomillo, ou de cualquer outra cousa!: nunha botella de vinagre si e posible de viño, e coloca nela, un pouco de malta, tomillo, laurel, allo ou as herbas que máis che gusten. Deixaas uns cantos días e xa teis o vinagre listo.

Carne asada nun dous por tres: Éste es un sistema simple que sirve para casi tódalas carnes e obtén os máis excelentes resultados. Colle a carne que queiras asar e colocaa o día anterior tapada con augua e sal (e dicir en salmoura). A densidade da sal depende do tamaño da carne e do tempo que estará en remollo.Ó día seguiente coloca a carne no forno obtendo unha corteza crujiente e unha carne sabrosa.

Perna de cordeiro máis sabrosa: Para facer que unha perna de cordeiro esté máis sabrosa pode facerse o seguiente. Con una xeringuilla, inxecta na perna antes de cociñala, en varios sitios, viño branco ou brandy.

Unha de despedidas.....

Isto si que e disfrutar do marisco no seu medio natural, comendo camaróns, empanada de mexilón todo elo acompañado dun albariño coa auga do mar baixo os pés.



Aquí temos un vídeo da despedida do noso compañeiro Humber, a verdade e que o pasamos moi ben esa fin de semana.

Vídeo da visita pazo bodegas Pontellón

Esta visita comezou nas instalacións da bodega PONTELLÓN (Rías Baixas-Tomiño), rematamos este fermoso día convidados polo Director da bodega no seu propio pazo, onde nos deleitou cunha gran paella.



Aquí temos a Juli, Benito e Juan Acuña nunha demostración da súa arte.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Cociña fácil

Lombo de porco a laranxa.



Hoxe toca carne, espero que vos guste.

lunes, 9 de marzo de 2009

Cociña fácil

Nesta sección iremos colando vídeos de receitas moi ben exmplicadas e moi sinxelas, trucos para que os nosos pratos sexan únicos e un sinfín de información que nos pode ser moi útil.

LOMOS DE MERLUZA EN SALSA VERDE



Que aproveite.

CEA DO VENRES 6 DE MARZO

O pasado Venres tivemos a puntual cea do Choco, nesta ocasión Toñi, Paco e Jose foron os encargados de facer que os paladares do resto de socios tiveran o privilexio de degustar a súa excelente elección.

Comezaron cuns entrantes de corazón de leituga con tomate e atún regado con vinagre de módena, montaditos de xamón e salmón afumado en pan tostado. O primeiro prato foi exquisito, tanto na súa presentación como no resultado final, onde o sabor estivo mou armonioso co resto do prato, pois o rape negro acompañado de colas de langostino, ovo cocio e herbillas foron un deleite para os nosos estómagos. No segundo prato non se arrisgaron e apostaron por algo seguro, solomillo de tenrreira acompañado de patacas ó forno (parecidas as panadeiras pero enteiras), cebola pochada ou caramelizada e uns champiñóns en salsa de nata con queixo. O postre ( que algún confundiu con crema pasteleira) foi unha crema de mango con uvas pasas e xirope de chocolate, todo elo regado con dous fantásticos caldos, un Rías Baixas (LIÑAR DE VIDES) e un Rioxa ( MURÚA).

Cando os compeñentes deste grupo nos envíen a súa receita, colgarémola para que vós tamén poidades disfrutar destes excelentes pratos.













viernes, 6 de marzo de 2009

Fotos con historia



Recoñecedes as persoas desta foto, si,si, o de barbas e con grandes gafas e Mariano Rajoy no Centro Cultural da Feira. Estivo alí coma Presidente da Deputación na inauguración da placa que se acababa de votar no Centro.

A foto está posta pola relación co Choco "estaban celebrando a tradicional cuchipanda" ó remata da inauguración.



Estes dous parécense a Humber e a Toñi (con cariño) nos seus tempos mozos na Festa do Viño na Guarda, pero non esta e da romería de San cibrán fai moitos anos.



Esta e a típica foto ó remate da festa, nótase que o viño xa está na testa.

Pouco a pouco iremos subindo fotos entrañables, os que teñades algunha foto relaciona con estes temas envialas para publicalas.