O Choco Gastronómico “Tangolio España Moderada”, volve a súa actividade unha semana máis tarde do habitual por compromisos persoais dos seus asociados.
Na cociña estarán Humber, Juan e Manolo os cales terán a difícil tarefa de agradar os esixentes padais do resto de compañeiros, iso si coma a cea ben da mar, pois os principias ingredientes foron sacados das nosas rías e adquiridos nunha poxa aberta no porto de A Guarda, teñen garantido alo menos a calidade dos productos que imos a degustar.
Segundo contan as malas linguas, “que sempre están esconcidas donde un menos as espera”, a primeira adquisición foi moi productiva para a lonxa, pois a penas comezou a poxa polas CARACOLAS e o noso grupo de cociñeiros xa fixo soar a campá para deter o prezo, houbo algunhas risas entre o público máis veterán o contemplar que a inexperiencia destes ávidos copradores lles poido xogar unha mala pasada “o producto poidéstelo coller máis barato” comentaba entre sanas risas un vello lobo de mar alí presente.
Por sorte para o noso grupo a festa aínda estaba comenzando, quedando por adquirir os principias productos daquela inesqucible poxa para eles, e tamén para nós pois serán os que hoxe pola noite paparemos con bo viño e mellor compañía.
Andiveron finos na compra da MERLUZA DE PINCHO, comprando uns grans exemplares a penas a 4 € o quilo, demostrando que nos productos máis coñecidos so hai que esperar o momento máis oportuno para recoller o botín ante a atónita ollada dos alí presentes. Na última compra, e unha das estrelas das nosas augas a CENTOLA DA RÍA, tamén foi ben para os intereses xerais do grupo, pois o prezo final que desembolsaron dista moito do que se paga a postre nos postos dos mercados de abastos ou nas grandes superficies comerciais, demostrando en xeral un gran coñecemento do mercado e quedando para si unha fermosa experiencia a título persoal.
Pois ben o menú de hoxe ben do mar, das nosas Rías en particular quedando según fontes informativas na seguinte presentación.
ENTRANTE
Salpicón de mar con CARACOLAS e langostinos.
1º PRATO
Centola da Ría.
2º PRATO
Merluza a Vasca.
POSTRE
Brocheta de froitas de temporada caramelizada.
Nada máis, aquí vos quedan unhas fotos da poxa, a vindeira semana publicaremos as receitas e unhas fotos desta nova velada.
2 comentarios:
Un rico menu, espero por las recetas y las fotos.
Feliz fin de semana y cena ♥
Cando colgas as fotos da cea, lampantín?
Publicar un comentario