Información variada de gastronomía, enoloxía, festas gastronómicas, en resumo todo o que está relacionado coa comida e a bebida.....
lunes, 8 de marzo de 2010
VISITA A BODEGA "PRADO REY" (fotos)
Viñedos
Aproveitamento do espacio (apilación en panel de colmena).
Antigua bodega (subterránea)
Explicación dos productos Prado Rey despois da visita a bodega.
Explicacion na finca.
Comida restaurante Nazareno
Como non "queimada".
Pinchos na bodega.
Racimo nos viñedos (seleccionan o mellor o resto queda na viña).
viernes, 5 de marzo de 2010
1º VENRES DO MES DE MARZO, TOCA PAPATORIA
Boas de novo, despois dalgún tempo co noso blog en stand by volvemos a carga para dar a coñecer e seguir promocionando o Asociacionismo en torno o mundo gastronómico, culinario, etc....
Xa temos os novos turnos de cociña para este ano 2010, agora seremos 4 grupos xa que o noso compañeiro Paco non estará este ano por motivos laborais (voltarémolo de menos). Hoxe cociñan Manolo, Humber e Juan os cales nos servirán o seguinte menú;
ENTRANTES:
Mexilóns e zamburiñas en escabeche.
Variado de tostas con ventresca de atún e sardinillas.
PRATO PRINCIPAL
Lombo de porco asado a piña.
POSTRE
Postre asturiano típico de carnaval.
III FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN
Un ano máis, e xa van tres....a Comisión de Festas da Virxe da Concepción na parroquia salcedense de Santa María de Salceda, organiza a súa coñecida Festa Gastronómica do Xabarín.
Nesta edición vanse preparar un total de 350 kg da codiciada carne de caza para un total de 1000 racións, acompañadas con arroz, pataca, pan e viño tinto das mellores colleitas. A receita ao estilo cazador, é celosamente gardada polos cociñeiros da Feira comandados por Serafín. Hai que dicir que tres días antes... o xabarín xa está a macerar en herbas aromáticas, cebola e case cen litros de viño da Rioxa, pois se necesitan viños con pouca acidez. Polo tanto o prezo a pagar o día da festa, pódese dicir que é totalmente "popular" (10 €). A festa que se celebrará este domingo día 7 de marzo, comezará as 11:00 horas da mañá e estará amenizada polo grupo "Talismán".
Para aqueles que non lles apeteza degustar a carne de caza, haberá outras posibilidades, como son as racións de callos e orella que se servirán no bar montado para a ocasión.
Colabora a Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)