viernes, 13 de marzo de 2009

Vídeo da visita pazo bodegas Pontellón

Esta visita comezou nas instalacións da bodega PONTELLÓN (Rías Baixas-Tomiño), rematamos este fermoso día convidados polo Director da bodega no seu propio pazo, onde nos deleitou cunha gran paella.



Aquí temos a Juli, Benito e Juan Acuña nunha demostración da súa arte.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Cociña fácil

Lombo de porco a laranxa.



Hoxe toca carne, espero que vos guste.

lunes, 9 de marzo de 2009

Cociña fácil

Nesta sección iremos colando vídeos de receitas moi ben exmplicadas e moi sinxelas, trucos para que os nosos pratos sexan únicos e un sinfín de información que nos pode ser moi útil.

LOMOS DE MERLUZA EN SALSA VERDE



Que aproveite.

CEA DO VENRES 6 DE MARZO

O pasado Venres tivemos a puntual cea do Choco, nesta ocasión Toñi, Paco e Jose foron os encargados de facer que os paladares do resto de socios tiveran o privilexio de degustar a súa excelente elección.

Comezaron cuns entrantes de corazón de leituga con tomate e atún regado con vinagre de módena, montaditos de xamón e salmón afumado en pan tostado. O primeiro prato foi exquisito, tanto na súa presentación como no resultado final, onde o sabor estivo mou armonioso co resto do prato, pois o rape negro acompañado de colas de langostino, ovo cocio e herbillas foron un deleite para os nosos estómagos. No segundo prato non se arrisgaron e apostaron por algo seguro, solomillo de tenrreira acompañado de patacas ó forno (parecidas as panadeiras pero enteiras), cebola pochada ou caramelizada e uns champiñóns en salsa de nata con queixo. O postre ( que algún confundiu con crema pasteleira) foi unha crema de mango con uvas pasas e xirope de chocolate, todo elo regado con dous fantásticos caldos, un Rías Baixas (LIÑAR DE VIDES) e un Rioxa ( MURÚA).

Cando os compeñentes deste grupo nos envíen a súa receita, colgarémola para que vós tamén poidades disfrutar destes excelentes pratos.













viernes, 6 de marzo de 2009

Fotos con historia



Recoñecedes as persoas desta foto, si,si, o de barbas e con grandes gafas e Mariano Rajoy no Centro Cultural da Feira. Estivo alí coma Presidente da Deputación na inauguración da placa que se acababa de votar no Centro.

A foto está posta pola relación co Choco "estaban celebrando a tradicional cuchipanda" ó remata da inauguración.



Estes dous parécense a Humber e a Toñi (con cariño) nos seus tempos mozos na Festa do Viño na Guarda, pero non esta e da romería de San cibrán fai moitos anos.



Esta e a típica foto ó remate da festa, nótase que o viño xa está na testa.

Pouco a pouco iremos subindo fotos entrañables, os que teñades algunha foto relaciona con estes temas envialas para publicalas.

jueves, 5 de marzo de 2009

A CONSUMIR, PERO PAGANDO CLARO

Aquí temos unha clara manipulación das grandes "marcas" en contra do que levan facendo toda a vida, primeiro sacan a súa "marca" e despois seguen gañando producindo para as chamadas "marcas blancas". A crise tamán pasa factura, pero non importa gastamos un montón de pasta en publicidade e asunto arreglado, unha vergonza.



Outro exemplo da manipulación alimentaria



Outro igual, si non é de marca que pasa...... e veña a gastar

CEA DO VENRES 6 DE MARZO

Mañá Venres toca cea, estamos no primeiro Venres de Marzo e o Choco é sagrado. Aínda non pasaron moitos días desde que rematou o entroido e os corpos (sobre todo o estómago e o fígado) aínda non están moi recuperados, pero a relixión e dura e contra ela non imos a loitar. Tócalle o turno a Jose, Toñi e Paco (haberá peixe ou marisco...) ou deleitaránnos con algo ó forno, agora que o temos o pobre vota lume.
A ver si somos un pouco máis puntuais, pois a todos nos gusta cando cociñamos que a xente chegue a hora, ademais quedamos en tomar un viño ou un aperitivo no noso local. Por certo a quen irá adicada a poesía satírica de Don Wenceslao........, él e un claro exemplo de como se pode por ambiente nas noites de cea, a ver si todos aprendemos un pouco e saímos con algo que amenice tamén o ambiente, xa que nos primeiros andares foi Don Humberto quen nos adicou as mellores notas musicais a cada un de nós.
Que non decaia o ánimo, nin pesen sobre nós as penas de deixar as nosas queridas mulleres soas (por certo un forte abrazo para todas pola vosa paciencia e comprensión), pois neste choco non so nos adicamos a comer e beber (aínda que é o que máis facemos) ademais sirve como encontro de amizade, que por desgracia e nos tempos que corren de tanta asiedade e strés e algo que olvidamos con moita rapidés.